A web '25dexullo.gal' encabeza as direccións pioneiras da Xunta con dominio galego
A web '25dexullo.gal' encabeza as direccións pioneiras da Xunta con dominio galego
A Xunta activará o Día de Galicia o portal 25dexullo.gal, unha nova web coa que a Administración autonómica se suma ás institucións pioneiras que empregarán por primeira vez o dominio galego. En total serán nove as direccións que o Goberno galego achega a Fase Pioneiros de activación do “.gal”.