Medio Ambiente activa a aplicación para móbiles ‘Sogama’ co fin de axudar aos cidadáns a separar correctamente os residuos urbanos
Medio Ambiente activa a aplicación para móbiles ‘Sogama’ co fin de axudar aos cidadáns a separar correctamente os residuos urbanos
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de activar a aplicación Sogama para teléfonos móbiles, co obxectivo de ensinar aos cidadáns como realizar unha correcta separación das distintas fraccións de residuos e posterior depósito das mesmas nos contedores de recollida selectiva ubicados nas vías públicas. Esta nova app está adaptada aos teléfonos móbiles con sistema operativo Android e IOS (iPhone).