A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) contará cun stand propio na XXVIII Feira do Moble de Galicia, que se celebra desde o día 20 de setembro e ata o 28 do mesmo mes nas instalacións da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada. Neste espazo os asistentes atoparán información e material sobre diferentes solucións en materia TIC, de interese para este sector.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de abrir o prazo de inscrición no concurso ‘Curtas co Móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020’, dirixido a mozos e mozas matriculadas na ESO ou Bacharelato de Galicia, de entre 14 e 18 anos. O formulario online está xa dispoñible no blog.adg2020.es/. “Curtas co Móbil” é unha das iniciativas do proceso de elaboración da Axenda Dixital de Galicia 2020, a futura estratexia tecnolóxica global da Xunta.
O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, acollerá os días 23 e 24 de setembro o seminario “Avaliación de proxectos libres para cubrir as necesidades TIC” (https://cdtic.xunta.es/avaliacion-proxectos-libres) que se impartirá no CDTIC Galicia en horario de 16.00 a 20.00 horas.
‘Programación para dispositivos móbiles’, cunha duración de 30 horas en horario de mañá, e ‘Innovación Social’, polas tardes e durante 25 horas, son as dúas actividades coas que arrinca mañá, luns 22 de setembro, a iniciativa ‘Faite Dixit@l!’. Este itinerario de capacitación tecnolóxica, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración con Academia Postal e Fundetec, ofrece aos participantes ferramentas para favorecer a súa empregabilidade, potenciar o emprendemento en materia tecnolóxica e a adquisición de novas competencias dixitais.
No período 2013-2014, o uso das TIC nas microempresas galegas superou a media estatal en dispoñibilidade de telefonía móbil, páxina web, usos de redes sociais, así como na interacción coas Administracións Públicas a través de Internet. Respecto ás empresas galegas de 10 ou máis empregados, todas dispoñen de banda larga e incrementaron nun 30% o uso das redes sociais no último ano.
A oferta formativa posta en marcha polo Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), está a ter unha moi boa acollida. Proba disto é o éxito dos tres seminarios previstos para os próximos días, “Community Manager”, “Desenvolvemento de aplicacións en Android” e “Administración avanzada de Drupal” cuxas prazas, nos tres casos, xa están esgotadas.