O CPETIG formará a profesionais da Administración de xustiza en protección de datos, e-Administración e expediente electrónico
O CPETIG formará a profesionais da Administración de xustiza en protección de datos, e-Administración e expediente electrónico
O Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) celebrará os días 22 e 23 de maio senllos seminarios en Santiago de Compostela e Vigo para formar a profesionais da Administración de xustiza en protección de datos, a aplicación da e-Administración e o expediente electrónico.