A Secretaría Xeral de Modernización presenta o primeiro Mapa de Capacidades Tecnolóxicas no ámbito Sociosanitario do Estado

Domingo 20 de Marzo de 2011

A Secretaría Xeral de Modernización presenta o primeiro Mapa de Capacidades Tecnolóxicas no ámbito Sociosanitario do Estado

O documento recompila de xeito exhaustivo a información de todos os proxectos tecnolóxicos desenvolvidos en Galicia no eido da sanidade e do benestar

A Secretaria Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, xunto co director xeral de I+D+i, Ricardo Capilla, e o director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, Manuel Varela, presentará mañá o Mapa de Capacidades Tecnolóxicas de Galicia no ámbito Sociosanitario. Este documento, elaborado pola Secretaría Xeral de Modernización, é primeiro destas características a nivel estatal.

O Mapa recompila a información de todos os proxectos tecnolóxicos desenvolvidos en Galicia no eido sociosanitario. O documento pon de manifesto o potencial do sector tecnolóxico galego para desenvolver iniciativas que contribúan a conseguir uns servizos sociosanitarios innovadores e de calidade.

No traballo identifícanse total de 162 proxectos desenvolvidos por grupos de investigación, centros tecnolóxicos e empresas galegas nos últimos anos. O documento constata que as iniciativas tecnolóxicas neste área crecen en tanto en número como en investimento. Ademais, tamén se pon de manifesto que nos últimos anos se incrementa a capacidade das solucións tecnolóxicas promovidas desde Galicia captar fondos de convocatorias estatais e europeas.

As conclusións do Mapa permiten coñecer o punto de partida da Comunidade para orientar axeitadamente as políticas públicas de pulo aos servizos sanitarios e de benestar.