Galicia é a unha das catro comunidades que facilitan a todas as administracións públicas o servizo de certificación dixital de forma gratuíta

Mércores 09 de Marzo de 2011

Galicia é a unha das catro comunidades que facilitan a todas as administracións públicas o servizo de certificación dixital de forma gratuíta

Un total de 107 concellos galegos xa teñen a acceso á tecnoloxía necesaria para desenvolver a certificación dixital nos seus trámites administrativos sen custe algún

A secretaria xeral de Modernización participou hoxe nunhas xornadas sobre Identidade electrónica organizadas pola Fábrica Nacional de Moneda y Timbre

Mar Pereira destaca a forte aposta que o Goberno galego está a realizar para impulsar a Administración electrónica a nivel autonómico, provincial e local

Galicia é, xunto con Andalucía, Castela-A Mancha e Canarias, unha das catro comunidades que ofrece as entidades públicas galegas o servizo de certificación dixital de balde. Todos os concellos as deputacións provinciais, as tres universidades, o Consello de Contas, o Valedor do Pobo e o Parlamento poden adherirse de xeito gratuíto ao servizo de certificación dixital que a Xunta contratou coa Fábrica Nacional de Moneda y Timbre (FNMT). A día de hoxe son 107 os concellos galegos que poden acceder aos servizos de certificación da FNMT a través da Administración auotnómica.

Así o explicou hoxe a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, durante a celebración das IX Xornadas Ceres sobre Identidade Electrónica organizadas pola Fábrica Nacional de Moneda y Timbre en Madrid.

Contratación coa FNMT
A responsable autonómica indicou que o Goberno galego está inmerso nun plan de modernización para converter a Administración autonómica nunha administración aberta ao cidadán as 24 horas do día os 365 días do ano.

Dentro deste ambicioso proceso a Xunta adxudicou á Fabrica Nacional de Moneda y Timbre o servizo de certificación dixital e púxoo a disposición de todos os concellos galegos e ás entidades autonómicas para que poidan desenvolver a certificación dixital nos seus trámites administrativos sen custo algún. Con esta medida facilítase a todos os organismos públicos galegos o cumprimento do esixido na Lei 11/2007 de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

Certificados 
O servizo que proporciona a FNMT permite a incorporación de certificados dixitais non dispoñibles ata agora e doutros que xa se estaban a empregar na Xunta e que agora están tamén dispoñibles para o resto das entidades públicas galegas.

Unha das novidades é o certificado de empregado público que garante que a firma do empregado público que a realiza é realmente dun profesional da administración que emite o documento.  É de especial relevancia o uso ilimitado de certificados de empregado público que permitirá a acreditación dos empregados públicos para o desenvolvemento da administración electrónica, grazas ao despregamento de tarxetas criptográficas a todos os funcionarios da Xunta de Galicia. Trátase de certificados recoñecidos que permiten identificar telematicamente os subscritores como Administracións Públicas, e os asinantes como persoas ao servizo da administración pública, vinculándoa con esta.

Esta iniciativa forma parte do proxecto Kronos, que vai poñer en marcha a Xunta, a través de  Modernización e Innovación Tecnolóxica, e que permitirá asociar a estas tarxetas as funcionalidades de firma electrónica e control horario do empregado público.

O contrato coa FNMT permite o acceso outros certificados como o de Sede Electrónica que serve para identificar un portal web e establecer comunicacións seguras, de tal forma que se garante a privacidade e integridade da información que se ofrece, excluíndo a posibilidade de ser vítimas dun fraude. A terceira incorporación á certificación dixital é o selo electrónico, equivalente ao selo en papel e que acredita que o documento está a ser asinado polo departamento administrativo correspondente. Por último, o selo de tempo é a outra ferramenta certificadora novidosa que imposibilitará a falsificación da data na que se asina  un documento