Modernización e Red.es celebran unhas xornadas de difusión sobre os dispositivos tecnolóxicos adaptados para persoas con discapacidade instalados en centros públicos
Modernización e Red.es celebran unhas xornadas de difusión sobre os dispositivos tecnolóxicos adaptados para persoas con discapacidade instalados en centros públicos
A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a través de Red.es, celebran durante o mes de abril, as xornadas “Proxecto TIC TAC. Accesos adaptados e alternativos para o ordenador”, dirixidas ás persoas con discapacidade, familiares, profesionais e persoas vinculadas coa accesibilidade en xeral.