A Xunta de Galicia pon en marcha 8 novos cursos para reforzar as competencias en materia de ciberseguridade de profesionais en distintos ámbitos industriais

Martes 24 de Marzo de 2026

A Xunta de Galicia pon en marcha 8 novos cursos para reforzar as competencias en materia de ciberseguridade de profesionais en distintos ámbitos industriais

Impartiranse no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia entre abril e xuño en modalidade online e son gratuítos
Suman máis de 180 horas de formación e, na maioría dos casos, permitirán ao alumnado obter certificacións profesionais recoñecidas
Esta iniciativa enmárcanse no programa RETECH Ciberseguridade, apoiado polo Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE)

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego poñen en marcha un ciclo de 8 cursos de formación especializada en ciberseguridade destinados a reforzar as competencias dixitais do tecido empresarial e profesional galego nun ámbito estratéxico. 

Esta iniciativa enmárcase nun convenio de colaboración entre ambas entidades para reforzar a formación en ciberseguridade, dentro do Programa RETECH e do PRTR, a través de INCIBE. Esta mañá celebrouse a comisión de seguimento do acordo, na que participaron o director da Axencia para a Modernización Tecnoloxica de Galicia, Damián Rey; a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado; e o director do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, Carlos Vázquez.


Estas accións formativas impartiranse entre abril e xuño no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) e integramente en modalidade online co obxectivo de facilitar a conciliación coa actividade laboral das persoas participantes e favorecer o acceso á formación desde calquera punto do territorio galego.


Con preto de 150 prazas ofertadas, os cursos son gratuítos e suman máis de 180 horas de formación. Na maioría dos casos, permitirán ao alumnado obter certificacións profesionais recoñecidas. Esta iniciativa complementa á xa ampla e consolidada oferta formativa en ciberseguridade coa que conta actualmente o CNTG, reforzando as oportunidades de especialización dispoñibles.

A continuación detállanse as formacións previstas:

Curso multidisciplinar da seguridade dixital na industria 4.0 e protección de servizos esenciais - 6 ao 10 de abril de 2026

Curso de Responsable de Ciberseguridade en IACS Coordinado por ISA España - 8 ao 11 de xuño de 2026 

Curso de responsable de auditoría de ciberseguridade en contornas OT - 4 ao 7 de maio de 2026

Curso Normativa de Ciberseguridade para Vehículos UNECE R155 - 20 ao 23 de abril de 2026

Curso de ciberseguridade para vehículos eléctricos - 1 ao 9 de xuño de 2026

Curso de Ciberseguridade nas Frotas de Vehículos - 18 ao 21 de maio de 2026

SEC556 - IoT Penetration Testing - 27 a 29 de abril de 2026 

FOR572 - Advanced Network Forensics, Threat Hunting, and Incident Response - 13 a 18 abril de 2026 


 

Os prazos de inscrición e toda a información sobre os cursos pódese consultar na páxina web do CNTG.