A Xunta aposta pola especialización e a colaboración para afrontar os retos da ciberseguridade

Mércores 25 de Marzo de 2026

A Xunta aposta pola especialización e a colaboración para afrontar os retos da ciberseguridade

O director da Amtega destaca que a ciberseguridade é un elemento central na estratexia de transformación dixital da Comunidade para poder aproveitar todas as vantaxes da tecnoloxía e garantir unha contorna segura a cidadáns e empresas
Lembra que Galicia foi a primeira comunidade en crear unha estrutura de colaboración público-privada neste eido, o Nodo Ciber.gal con máis de medio cento de entidades adheridas
Pon en valor a capacidade do sector tecnolóxico galego con preto de 800 empresas que ofrecen produtos de ciberseguridade

A ciberseguridade é un dos piares do proceso de transformación dixital que está a impulsar a Xunta de Galicia e así o destacou hoxe o director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Damián Rey, durante apertura do VI Foro Tecnolóxico.
O responsable da Axencia autonómica sinalou que “a especialización e a colaboración son factores clave na estratexia da Xunta para facer fronte aos retos da ciberseguridade”. Neste sentido lembrou que que a Administración autonómica foi a primeira en crear unha estrutura de colaboración publico-privada neste ámbito, o Nodo Ciber.gal ao que están adheridas máis de medio centro de entidades.
Neste ámbito de colaboración, Damián Rey, sinalou o “que a Xunta facilita aos concellos o acceso á servizos de ciberseguridade, e que en 2025 permitiron que 113 entidades locais puidera ter monitorizadas as súas redes de para identificar e cualificar riscos”.
O director da Amtega destacou tamén a aposta estratéxica da Xunta pola especialización tecnolóxica do territorio, tamén no ámbito da ciberseguridade. Neste sentido sinalou que “desde a Administración, traballamos para dispoñer das mellores contornas para esa
especialización, como o Centro de Excelencia en Ciberseguridade que estamos a construír en Ourense, ou atraendo á Comunidade proxectos singulares, como o que compartimos con Cataluña e a Comunidade Valenciana para a creación dun centro de innovación e competencia en ciberseguridade”.
Damián Rey rematou a súa intervención poñendo en valor a importancia e capacidade do sector tecnolóxico galego con 750 empresas ofrecen produtos e servizos de ciberseguridade.