O próximo venres apagaranse os últimos centros de televisión que funcionan con tecnoloxía analóxica en Galicia

O próximo venres apagaranse os últimos centros de televisión que funcionan con tecnoloxía analóxica en Galicia

O proceso de transición á Televisión Dixital Terrestre conclúe en Galicia este próximo venres, 2 de abril, co que se pon fin ao sistema de recepción de televisión en analóxico. Culmina así un proceso iniciado no pasado mes de xaneiro en Galicia e que supón adiantarse en dous anos á data fixada pola Unión Europea para abandonar a tecnoloxía analóxica de televisión.

A rede CeMIT celebrará máis de 130 obradoiros sobre novas tecnoloxías en toda Galicia durante o mes de abril

A rede CeMIT celebrará máis de 130 obradoiros sobre novas tecnoloxías en toda Galicia durante o mes de abril

A Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, en colaboración cos diversos concellos nos que está presente, celebrará máis de 130 obradoiros de diversa temática relacionada coas novas tecnoloxías e charlas formativas sobre o DNI electrónico.

A Secretaría Xeral de Modernización levará as xornadas TECNIMAP as últimas aplicacións en administración electrónica

A Secretaría Xeral de Modernización levará as xornadas TECNIMAP as últimas aplicacións en administración electrónica

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica participa desde o vindeiro 7 de abril na décimo primeira edición das Xornadas sobre Tecnoloxías da Información para a Modernización das Administracións Públicas (TECNIMAP 2010) nas que, durante tres días, exporá as últimas aplicacións e medidas desenvolvidas por este departamento tanto no ámbito da eAdministración como no impulso da sociedade da información.

Galicia fai a transición á TDT con normalidade e escasas incidencias

Galicia fai a transición á TDT con normalidade e escasas incidencias

Ás dez da mañá de hoxe culminou o proceso de transición á Televisión Dixital Terrestre en Galicia nas áreas técnicas de Domaio e Páramo, co que se pon fin ao sistema de recepción de televisión coa tecnoloxía analóxica. Este proceso iniciouse o pasado mes de xaneiro en Galicia e supón adiantarse en dous anos á data fixada pola Unión Europea para abandonar a tecnoloxía analóxica de televisión.

A Xunta tramita e habilitará axudas para a adquisición de equipos de satélite de TDT

A Xunta tramita e habilitará axudas para a adquisición de equipos de satélite de TDT

A Xunta de Galicia está xa a tramitar axudas para a adquisición de equipos de recepción por satélite en zonas sen cobertura terrestre de TDT, tal e como xa anunciara en distintas ocasións no Parlamento de Galicia o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro.

Estas axudas irán destinadas a persoas de colectivos en risco de exclusión social e serán tramitadas en colaboración cos concellos, instaladores e as deputacións provinciais interesadas.

A Secretaría Xeral de Modernización destina preto de 8 millóns de euros a axudas para empresas do sector TIC

A Secretaría Xeral de Modernización destina preto de 8 millóns de euros a axudas para empresas do sector TIC

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica vai aprobar dúas convocatorias de axuda destinadas ao sector empresarial TIC por un importe de preto de 8 millóns de euros. Así se recolle en dúas resolucións que se publicarán no Diario Oficial de Galicia nos vindeiros días.

Xogos en 3D e proxeccións, entre as actividades da mostra Galiciadixital que puideron desfrutar os 45.000 visitantes do XIII Salón do Cabalo Equiocio

Xogos en 3D e proxeccións, entre as actividades da mostra Galiciadixital que puideron desfrutar os 45.000 visitantes do XIII Salón do Cabalo Equiocio

As arredor de 45.000 persoas que se achegaron ao XIII Salón do Cabalo, Equiocio, celebrado de mércores a domingo da pasada semana no Recinto Feiral de Punta Arnela, en Ferrol, puideron disfrutar de proxeccións e xogos en tres dimensións grazas á exposición itinerante e interactiva Galiciadixital, posta en marcha pola Secretaría Xeral de Medios.

A Rede CeMIT da Xunta impulsará a formación en novas tecnoloxías entre a cidadanía, os profesionais e as empresas

A Rede CeMIT da Xunta impulsará a formación en novas tecnoloxías entre a cidadanía, os profesionais e as empresas

Xunta de Galicia pon en marcha a Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) coa finalidade de coordinar as actuacións das distintas aulas públicas de acceso a Internet dependentes da Comunidade Autónoma dirixidas á alfabetización dixital e ao desenvolvemento da sociedade de información, en colaboración co Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG).

A Secretaría Xeral de Modernización mostra nas xornadas TECNIMAP as últimas aplicacións para impulsar a eAdministración

A Secretaría Xeral de Modernización mostra nas xornadas TECNIMAP as últimas aplicacións para impulsar a eAdministración

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica participa, desde hoxe e ata o venres 9 de abril, en Zaragoza na décimo primeira edición das Xornadas sobre Tecnoloxías da Información para a Modernización das Administracións Públicas (TECNIMAP 2010) nas que, durante tres días, exporá as últimas aplicacións e medidas desenvolvidas por este departamento tanto no ámbito da eAdministración como no impulso da sociedade da información.

Economía e Industria apoia o desenvolvemento da tecnoloxía a prol da eficacia na xestión pública e no eido empresarial

Economía e Industria apoia o desenvolvemento da tecnoloxía a prol da eficacia na xestión pública e no eido empresarial

A Consellería de Economía e Industria, como unha das entidades organizadoras do primeiro Salón Internacional da Tecnoloxía (SITE), apoia esta iniciativa coa finalidade de impulsar o desenvolvemento da tecnoloxía a prol da mellora da eficacia na xestión pública e tamén no eido empresarial, para fomentar a competitividade.