A Xunta de Galicia traslada a súa decidida aposta polas enerxías renovables ao resto do Estado no marco da Wind Power Conference 2010

A Xunta de Galicia traslada a súa decidida aposta polas enerxías renovables ao resto do Estado no marco da Wind Power Conference 2010

A Xunta de Galicia, a través do director xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, Ángel Bernardo Tahoces, trasladou ao resto do Estado a súa decidida aposta polas enerxías renovables no marco da Wind Power Conference 2010, que se celebrou hoxe en Madrid.

Turismo participa en Venecia no lanzamento do proxecto i-Speed que pretende fomentar a competitividade e a sostenibilidade do sector a través das tecnoloxías da información

Turismo participa en Venecia no lanzamento do proxecto i-Speed que pretende fomentar a competitividade e a sostenibilidade do sector a través das tecnoloxías da información

A secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo López, participa hoxe xunto con outros nove socios de nove países na reunión de lanzamento do proxecto Interreg IVC i-Speed.

Feijóo: “co Plan de banda larga ningún proxecto deixará de ubicarse en ningún punto de Galicia polas súas condicións tecnolóxicas”

Feijóo: “co Plan de banda larga ningún proxecto deixará de ubicarse en ningún punto de Galicia polas súas condicións tecnolóxicas”

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, resaltou hoxe, durante a presentación do Plan de Banda Larga 2010-2013, que grazas ao mesmo “ningún proxecto deixará de ubicarse en ningún punto de Galicia polas súas condicións tecnolóxicas”. Neste sentido, Feijóo destacou o compromiso do seu Goberno “medido en tempo, medido en orzamentos e medido en accións”, para que “durante os anos 2011, 2012 e 2013 se poida cumprir coas comunicacións, non só viarias, que tamén, se non finalizar a comunicación integral de Galicia coa banda larga”. 

La Xunta presenta el plan de despliegue de la TDT y encendidos digitales en el área técnica de Domaio

La Xunta presenta el plan de despliegue de la TDT y encendidos digitales en el área técnica de Domaio

El secretario xeral de Medios del Gobierno gallego, Alfonso Cabaleiro Durán, explicó hoy los detalles del plan de transición de la televisión analógica a la digital en este área en una rueda de prensa en la que compareció junto con el coordinador de la Oficina Técnica de la TDT Galicia, Miguel Pérez, con el subdirector xeral de Inxeñería e Planificación de la Xunta, Ignacio Otero, y con la delegada territorial de la Xunta en Vigo, Lucía Molar.

A Xunta presenta o plan de despregamento da TDT e acendidos dixitais na área técnica de Domaio

A Xunta presenta o plan de despregamento da TDT e acendidos dixitais na área técnica de Domaio

O secretario xeral de Medios do Goberno galego, Alfonso Cabaleiro Durán, explicou hoxe os detalles do plan de transición da televisión analóxica á dixital nesta área nunha rolda de prensa na que compareceu xunto co coordinador da Oficina Técnica da TDT Galicia, Miguel Pérez, co subdirector xeral de Enxeñería e Planificación da Xunta, Ignacio Otero, e coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Lucía Molares.

A Secretaria Xeral de Innovación destaca a importancia das achegas do sector TIC á estratexia tecnolóxica da Xunta

A Secretaria Xeral de Innovación destaca a importancia das achegas do sector TIC á estratexia tecnolóxica da Xunta

A secretaria xeral de Innovación e Modernización Tecnolóxica, Mar Pereira, recibiu esta mañá aos representantes do Consello Territorial da Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da Información e Telecomunicacións de España (AETIC), que expuxeron o seu interese, como expertos no sector, en “asesorar e acompañar á Xunta da Galicia nas súas liñas prioritarias mediante unha comunicación directa e accións de lobbing construtivas que permitan crecer a Galicia”.

Economía e Industria promove a innovación e o uso das TIC como pezas clave para a mellora do comercio galego

Economía e Industria promove a innovación e o uso das TIC como pezas clave para a mellora do comercio galego

"A innovación e a incorporación das novas tecnoloxías no sector comercial son as pezas clave para a mellora da xestión comercial e son tamén elementos que repercuten no incremento das vantaxes e dos beneficios económicos”, segundo sinalou a directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, durante a apertura da xornada de presentación de resultados de Comercio TEC, celebrado hoxe en Vigo.

A Rede de centros CeMIT contribuirá ao achegamento das novas tecnoloxías aos cidadáns de xeito máis eficiente e con maior calidade

A Rede de centros CeMIT contribuirá ao achegamento das novas tecnoloxías aos cidadáns de xeito máis eficiente e con maior calidade

O Consello da Xunta de Galicia aprobou hoxe o acordo polo que se establecen as condicións xerais para a posta en marcha da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT, que coordinará as actuacións das distintas aulas públicas de acceso a internet dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidas a acadar a alfabetización dixital da sociedade galega e o desenvolvemento da Sociedade da Información.

Mar Pereira afirma: "o desenvolvemento da administración electrónica ofrecerá aos cidadáns uns servizos públicos máis eficientes e mellorará a xestión interna da Xunta de Galicia"

Mar Pereira afirma: "o desenvolvemento da administración electrónica ofrecerá aos cidadáns uns servizos públicos máis eficientes e mellorará a xestión interna da Xunta de Galicia"

“Unha demanda recoñecida como unha necesidade”, así definiu a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica a importancia do desenvolvemento da Administración electrónica no contexto actual. Mar Pereira, que pronunciou esta mañá a conferencia inaugural do “Curso Superior de Administración Electrónica”, organizado pola EGAP, explicou os pasos que se están a seguir para acadar as máximas cotas de evolución das TIC na Administración Autonómica.

A Xunta crea o “Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia” (Osimga)

A Xunta crea o “Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia” (Osimga)

Entre as principais funcións deste observatorio atópanse o desenvolver estudos e análises sobre a situación da Sociedade da información en Galicia, facilitar análises comparativas, promover o intercambio de experiencias e información entre administracións ou xestionar os medios para facer difusión dos resultados obtidos nas análises, ben mediante publicacións periódicas ou por vía telemática.

Web do Observatorio: www.osimga.org