A Xunta pon en marcha unha oficina para informar e asesorar aos cidadáns e axentes implicados na implantación do Plan de banda larga

A Xunta pon en marcha unha oficina para informar e asesorar aos cidadáns e axentes implicados na implantación do Plan de banda larga

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica puxo en marcha a Oficina do Plan de Banda Larga para ofrecer aos operadores e axentes implicados asesoramento e soporte técnico no desenvolvemento de proxectos e á cidadanía unha resposta rápida á demanda de información, tanto sobre a implantación das novas redes como sobre posibles incidencias. O centro exercerá tamén de elemento coordinador das distintas actuacións derivadas do Plan.

A Xunta de Galicia pon en marcha a rede WIMAX de acceso a internet nos polígonos industriais de Arzúa e Meaño

A Xunta de Galicia pon en marcha a rede WIMAX de acceso a internet nos polígonos industriais de Arzúa e Meaño

Os polígonos industriais dos concellos de Arzúa e Meaño disporán de Rede Wimax para acceder á banda larga a partir de mañá martes, 2 de marzo. Ambos municipios se incorporan ao proxecto WIMAX en polígonos industriais e parques empresariais que está a desenvolver a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica para paliar as carencias no acceso a internet de banda larga nestes puntos. As deficiencias no acceso a unha rede de calidade nestas zonas provocan unha diminución considerable na capacidade das empresas alí radicadas para competir no mercado actual.

Finaliza con éxito o curso de alfabetización informacional que acolleu o Telecentro de Comunicación da Facultade de Xornalismo

Finaliza con éxito o curso de alfabetización informacional que acolleu o Telecentro de Comunicación da Facultade de Xornalismo

O curso de alfabetización informacional nas bibliotecas universitarias que acolleu esta semana o Telecentro de Comunicación (TC) da Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago finalizou hoxe, xoves, cun grande éxito de participación, superando o número de solicitantes, con moito, ás 20 prazas ofertadas.

‘Chinesecom’ sitúase entre os cursos de chinés online máis valorados a nivel internacional

‘Chinesecom’ sitúase entre os cursos de chinés online máis valorados a nivel internacional

O portal www.chinesecom.eu, realizado a través dun proxecto promovido pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación; vén de situarse entre os catro cursos online de chineses máis valorados polo principal buscador da rede a nivel internacional, sendo un dos máis visitados.

O proxecto “Abalar” converterá o vindeiro curso máis de 200 colexios e institutos en centros educativos dixitais

O proxecto “Abalar” converterá o vindeiro curso máis de 200 colexios e institutos en centros educativos dixitais

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad; a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira; o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Jose Luís Mira Lema; e o subdirector xeral de Sistemas Informáticos de Educación, Carlos Vázquez Mariño; presentaron esta mañá o Proxecto ABALAR, que substancia a estratexia para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, como unha das áreas prioritarias de intervención da Consellería.

Grande éxito de inscrición nos telecentros de comunicación galegos para participar na cata de viños por multivideoconferencia

Grande éxito de inscrición nos telecentros de comunicación galegos para participar na cata de viños por multivideoconferencia

Os Telecentros de Comunicación (TC) de Chantada, Monforte de Lemos, Oroso e o do Centro Multimedia de Galicia (CMG), en Santiago, xa teñen cubertas todas as prazas para participar na cata de viños a través de multivideoconferencia organizada con motivo da Feira do Viño de Chantada, que terá lugar o vindeiro xoves 11 de marzo.

A última fase do apagado analóxico comezará este mércores e afectará a preto de 1.300.000 galegos das provincias de Pontevedra e Lugo

A última fase do apagado analóxico comezará este mércores e afectará a preto de 1.300.000 galegos das provincias de Pontevedra e Lugo

A terceira e última fase do apagado analóxico comezará este mércores 10 de marzo en Galicia, rematará o vindeiro 2 de abril, e afectará a preto de 1.300.000 galegos. Co remate da fase III, que se desenvolverá nas áreas técnicas de Domaio (a maior parte de Pontevedra e cinco concellos da Coruña) e Páramo (a meirande parte de Lugo), todos os galegos terán acceso único á TDT.

As fases I e II do apagado analóxico realizáronse en Galicia do 18 de xaneiro ao 1 de febreiro e afectaron a 1.550.000 galegos, o 56% dos cidadáns da Comunidade, pertencentes a 203 concellos

A mostra itinerante Galiciadixital poderá visitarse desde hoxe no centro de saúde Valle Inclán de Ourense

A mostra itinerante Galiciadixital poderá visitarse desde hoxe no centro de saúde Valle Inclán de Ourense

A exposición itinerante da Secretaría Xeral de Medios, Galiciadixital, continúa coa súa andadura polos centros hospitalarios e sanitarios galegos e poderá visitarse desde hoxe ata o próximo luns, 15 de marzo, no centro de saúde Valle Inclán, en Ourense.

A mostra, organizada pola Secretaría Xeral de Medios en colaboración coa Consellería de Sanidade, poderá visitarse gratuítamente en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, agás o sábado pola tarde e o domingo, cando estará pechada.

Xesús Vázquez Abad: “ABALAR será un referente na implantación das TIC no sistema educativo”

Xesús Vázquez Abad: “ABALAR será un referente na implantación das TIC no sistema educativo”

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria destacou no programa ‘Bos Días’, a boa acollida que está a ter o proxecto galego

Numerosas Comunidades Autónomas mostraron interese por ‘EspazoABALAR’, o portal web permitirá ás familias seguir a evolución académica dos fillos e interactuar cos centros

125.000 galegos máis teñen acceso á TDT dende hoxe tras o inicio da terceira e última fase do apagado analóxico en localidades de Lugo, A Coruña e Pontevedra

125.000 galegos máis teñen acceso á TDT dende hoxe tras o inicio da terceira e última fase do apagado analóxico en localidades de Lugo, A Coruña e Pontevedra

Esta mañana se inició, en las provincias de Lugo, A Coruña y Pontevedra, la tercera y última fase del apagado analógico. Así, más de 125.000 gallegos tienen acceso ya la TDT tras los apagados llevados a cabo en doce municipios de las mencionadas provincias. Los encendidos digitales se desarrollaron esta mañana sin incidentes técnicos salientables.