A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica publica as subvencións concedidas aos investimentos nas PEME en TIC

Mércores 21 de Outubro de 2009

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica publica as subvencións concedidas aos investimentos nas PEME en TIC

A Secretaría Xeral de Modernización publicou no DOG de 21 de outubro a resolución do 14 de outubro de 2009, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación e Innovación Tecnolóxica, pola que se publica a relación das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2008 pola que se aprobaron as bases reguladoras e se convocaron as subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, aos investimentos das empresas en materia das tecnoloxías da información e as comunicacións, na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2009 (procedemento administrativo IN520a).

As axudas fináncianse con cargo á aplicación orzamentaria para achegarlles ás empresas para o Desenvolvemento da Sociedade da Información, cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) cunha porcentaxe do 80%.