Economía e Industria presenta o primeiro proxecto do fondo i2c que impulsa a innovación como estratexia de crecemento

Economía e Industria presenta o primeiro proxecto do fondo i2c que impulsa a innovación como estratexia de crecemento

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, destacou esta mañá na presentación do primeiro proxecto empresarial apoiado polo novo fondo de capital risco i2C que “o impulso á innovación ocupa unha das principais liñas estratéxicas da Xunta de Galicia como firme camiño do crecemento económico”.

Arranca o programa formativo AceleraTIC da Amtega para a tranformación dixital da Peme galega

Arranca o programa formativo AceleraTIC da Amtega para a tranformación dixital da Peme galega

O Centro Demostrador TIC da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acolle hoxe a primeira xornada do  Programa Formativo AceleraTIC para a Transformación Dixital da Peme (https://cdtic.xunta.gal/programa-formativo-aceleratic), impartido pola Escola de Negocios Afundación.  

O 97% dos 270 Xulgados de Paz de Galicia xa están informatizados tras a implantación do sistema de xestión do rexistro civil InfoReg 4.0

O 97% dos 270 Xulgados de Paz de Galicia xa están informatizados tras a implantación do sistema de xestión do rexistro civil InfoReg 4.0

O 97% dos 270 Xulgados de Paz de Galicia xa utilizan o sistema de xestión do rexistro civil InfoReg 4.0. As principais finalidades deste sistema de información de xestión do Rexistro Civil son a realización dos asentos rexistrais e o almacenamento electrónico de datos o que conleva unha maior seguridade da información e, por outra banda, a posibilidade e emitir as certificacións en galego.

Cidadáns e empresas xa poden acceder electronicamente a máis de 1.200 procedementos administrativos da Xunta de Galicia

Cidadáns e empresas xa poden acceder electronicamente a máis de 1.200 procedementos administrativos da Xunta de Galicia

A directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, compareceu hoxe no Parlamento, onde anunciou que xa son 1.210 os procedementos administrativos aos que os galegos e galegas poden acceder a través da sede electrónica: https://sede.xunta.es.

A Consellería de Presidencia e a Secretaría Xeral de Modernización presentan o luns o Plan Senda 2014 para implantar as novas tecnoloxías na xustiza nas Xornadas “As TIC ante o reto da Modernización da Xustiza”

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, inaugurará o vindeiro luns, 14 de xuño, as Xornadas “As TIC ante o reto da Modernización da Xustiza” durante as que se presentará o Primeiro Plan de Sistemas TIC na Administración da xustiza: Senda 2014 para implantar as novas tecnoloxías no ámbito xudicial.

A asociación de directivos TIC Cionet premia o proxecto tecnolóxico da Xunta de Galicia

A asociación de directivos TIC Cionet premia o proxecto tecnolóxico da Xunta de Galicia

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, recolleu hoxe o Premio Liderazgo Dixital 2016 na categoría de sector público, que outorga a comunidade de directivos de TI Cionet. Con este galardón, Cionet recoñece o labor desenvolvido pola Administración autonómica galega, a través da súa Axenda Dixital de Galicia, para impulsar a transformación dixital da Comunidade e a súa aposta por un modelo de xestión centralizada das TIC coa creación da Amtega.

A directora da Amtega sinala que o incremento da seguridade na rede é prioritario para xerar confianza no uso dos servizos dixitais

A directora da Amtega sinala que o incremento da seguridade na rede é prioritario para xerar confianza no uso dos servizos dixitais

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica da Xunta (Amtega), Mar Pereira, inaugurou hoxe a I Xornada de Ciberseguridade de Galicia, organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría Informática (CPEIG). A máxima responsable da política tecnolóxica autonómica destacou que o incremento da seguridade na rede é unha das prioridades da Axenda Dixital de Galicia 2020 para protexer os servizos públicos dixitais fronte a este tipo de ameazas e crear un clima de confianza para xeralizar o seu uso por parte de cidadáns e empresas.

O uso do software libre nas empresas galegas supera o de comunidades como Madrid, Cataluña e o País Vasco

O uso do software libre nas empresas galegas supera o de comunidades como Madrid, Cataluña e o País Vasco

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) celebran hoxe en Santiago a  xornada Colaboratic.gal, para difundir entre o sector empresarial o software libre e as posibilidades de colaboración e novas vías de financiamento para proxectos que empreguen tecnoloxías libres.

Fundación Vodafone e a Amtega poñen en marcha unha nova edición da iniciativa "Aprende a usar o smartphone", dirixida ás persoas maiores

Fundación Vodafone e a Amtega poñen en marcha unha nova edición da iniciativa "Aprende a usar o smartphone", dirixida ás persoas maiores

A Fundación Vodafone vén de formalizar a súa adhesión como aliado dixital ao Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, que desenvolve a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). Como resultado desta alianza, ambas entidades puxeron en marcha este mes a segunda edición do  proxecto “Aprende a usar o smartphone” para introducir ás persoas maiores no manexo dos teléfonos móbiles intelixentes.

O CDTIC da Amtega pecha en Ourense o ciclo "Pon o teu negocio en internet" cun seminario para analizar quen visita a web dun negocio na rede

O CDTIC da Amtega pecha en Ourense o ciclo "Pon o teu negocio en internet" cun seminario para analizar quen visita a web dun negocio na rede

O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), organiza o día 21 de xuño o seminario que leva por título “Quen visita a túa web? A resposta con Google Analytics” (https://cdtic.xunta.gal/google-analytics-ourense) que se impartirá na aula CeMIT de Ourense, situada no edificio La Molinera, en horario de 16.00 a 20.00 h.