A Amtega organiza unha xornada sobre novos perfís profesionais na era dixital

A Amtega organiza unha xornada sobre novos perfís profesionais na era dixital

Con motivo da celebración do Día Internacional do Voluntariado o vindeiro 5 de decembro, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) organiza, no marco do Programa de Voluntariado Dixital, a xornada “Novos Perfís Profesionais na Era Dixital” .

A iniciativa AceleraTIC da Amtega achega a directivos de pemes galegas as claves para abordar a dixitalización do seu negocio

A iniciativa AceleraTIC da Amtega achega a directivos de pemes galegas as claves para abordar a dixitalización do seu negocio

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, inaugurou esta mañá en Santiago o Programa “AceleraTIC, pensa en futuro, actúa en dixital” para facilitar a transformación dixital das pemes galegas.

Declaración institucional con motivo día mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

Declaración institucional con motivo día mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información

Hoxe, Día de Internet, é imposible imaxinar un mundo offline. Os últimos datos da Unión Internacional de Telecomunicacións o corroboran, máis de 3.000 millóns de persoas, o 40% da poboación mundial, emprega Internet habitualmente, as redes sociais concentran máis de 1.500 millóns de usuarios e o 84% dos habitantes dos países desenvolvidos dispón de banda larga móbil.

Agasol e a Amtega celebran o 17 de xuño a xornada colaboraTIC.gal para fomentar a colaboración empresarial con software libre

Agasol e a Amtega celebran o 17 de xuño a xornada colaboraTIC.gal para fomentar a colaboración empresarial con software libre

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), están a organizar colaboraTIC.gal, unha xornada para difundir entre o sector empresarial o software libre e as posibilidades de colaboración e novas vías de financiamento para proxectos que empreguen tecnoloxías libres.

A Amtega e a Consellería de Política Social publican no repositorio de software libre da Xunta o código fonte da ferramenta Inclúe

A Amtega e a Consellería de Política Social publican no repositorio de software libre da Xunta o código fonte da ferramenta Inclúe

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Consellería de Política Social, acaba de publicar no repositorio de software libre da Xunta de Galicia o código fonte da ferramenta tecnolóxica INclúe (http://forxa.mancomun.org/projects/inclue) baixo licenza libre.

O presidente da Xunta subliña que Galicia conta cun sector TIC capaz e cualificado e cunha Administración pública consciente e comprometida con facer da tecnoloxía “un dos motores económicos desta década”

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou hoxe que Galicia conta cun sector TIC capaz e cualificado e cunha Administración pública “consciente e comprometida con facer da tecnoloxía un dos motores económicos desta década”. Así o dixo o mandatario galego durante a V Noite da Enxeñaría en Informática, onde remarcou a relevancia do papel que este colectivo profesional ten reservado na sociedade actual.

O Servizo Galego de Saúde acada un fito na implantación da receita electrónica na nosa comunidade autónoma que xa chega ao 97%

O Servizo Galego de Saúde acada un fito na implantación da receita electrónica na nosa comunidade autónoma que xa chega ao 97%

A porcentaxe de prescrición de receita electrónica acadou xa en Galicia o 96,72%, o que supón un fito histórico na nosa comunidade, quedando o 3,28% restante para as emitidas en papel, segundo o que se desprende dos últimos datos de gasto farmacéutico.

Esta importante mellora tivo lugar nestes últimos anos, nos que se pasou das 386 farmacias con e-receita no 2009 ás 1.358 farmacias no 2012 (o 100%). Asemade, os centros de atención primaria con e-receita pasaron de ser 44 no 2009 a estar, na actualidade, implantado na totalidade dos centros de saúde e hospitais da rede do Sergas.

A aplicación móbil do Camiño de Santiago da Xunta xa está dispoñible para dispositivos IOS

A aplicación móbil do Camiño de Santiago da Xunta xa está dispoñible para dispositivos IOS

A aplicación móbil do Camiño de Santiago da Xunta está dispoñible desde hoxe para dispositivos con sistema operativo IOS. A app, unha das iniciativas do proxecto Smart Camiño que desenvolven a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e Turismo de Galicia, publicouse hai un mes en Google Play, rexistrando preto de 450 descargas.

Os concellos de Cerceda, Sada, Cuntis, A Guarda e Beariz acollen hoxe a primeira xornada da iniciativa "Tomando as rendas"

Os concellos de Cerceda, Sada, Cuntis, A Guarda e Beariz acollen hoxe a primeira xornada da iniciativa "Tomando as rendas"

Os concellos de Cerceda, Sada, Cuntis, A Guarda  e Beariz acollen hoxe a primeira sesión formativa da iniciativa "Tomando as rendas", que  ten como obxectivo fomentar o autoemprego e o emprendemento entre as mulleres de zonas rurais e formalas no uso das novas tecnoloxías.

A través de videconferencia as participantes destes municipios recibirán a primeira charla do itinerario formativo. A formación será presencial e online e impartirase en 40 municipios integrados na Rede de Centros para a Modernización Tecnolóxica (CeMIT) da Amtega.

A Amtega abre unnha nova convocatoria do curso para obter a Certificación galega de Competencias Dixitais en Ofimática da Xunta

A Amtega abre unnha nova convocatoria do curso para obter a Certificación galega de Competencias Dixitais en Ofimática da Xunta

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre mañá o prazo de inscrición para a obtención da Certificación galega de Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX). Así se recolle na convocatoria publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) con 180 prazas para este curso preparatorio, que comezará en setembro e cuxo exame presencial terá lugar en novembro.