As empresas galegas demandarán máis de 2.900 novos perfís dixitais no período 2016-2018

As empresas galegas demandarán máis de 2.900 novos perfís dixitais no período 2016-2018

O tecido empresarial galego precisará máis de 2.900 profesionais TIC en Galicia durante o período 2016-2018. Un 54% destes perfís dixitais serán demandados por empresas do sector TIC e o 46% restante por empresas dos restantes sectores produtivos. As empresas sinalan que xa no presente ano precisarían case a metade destes perfís, arredor de 1.400 profesionais TIC especializados nas novas tendencias dixitais, para cubrir as súas necesidades.

A Amtega lanza en Youtube unha serie de vídeo-experiencias de empresas galegas que incorporaron solucións TIC aos seus modelos de negocio

A Amtega lanza en Youtube unha serie de vídeo-experiencias de empresas galegas que incorporaron solucións TIC aos seus modelos de negocio

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) presenta hoxe unha nova serie de vídeo-experiencias, nas que 12 empresas galegas expoñen o proceso e as vantaxes de incorporar solucións tecnolóxicas nos seus modelos de negocio. A iniciativa enmárcase dentro das actuacións do Centro Demostrador TIC (CDTIC) e o obxectivo é impulsar o emprego do dixital e as TIC amosando diversos casos de éxito reais de empresas de Galicia.

Máis de 1.200 persoas participaron nas 54 actividades organizadas polo Centro Demostrador TIC no primeiro semestre do ano

Máis de 1.200 persoas participaron nas 54 actividades organizadas polo Centro Demostrador TIC no primeiro semestre do ano

No primeiro semestre do ano o Centro Demostrador TIC da Amtega organizou un total de 54 actividades entre sesións demostradoras, seminarios de formación e encontros para achegar as TIC a pemes e autónomos. Máis de 260 empresas participaron no programa formativo do CDTIC ao que asistiron 1.200 persoas, 207 a través do sistema de videoconferencia das aulas CeMIT e 326 vía streaming.

A Asociación Inserta Empleo da Fundación ONCE e a Amtega ofrecen formación en ofimática a persoas con discapacidade en situación de desemprego

A Asociación Inserta Empleo da Fundación ONCE e a Amtega ofrecen formación en ofimática a persoas con discapacidade en situación de desemprego

A Asociación Inserta Empleo, entidade de formación e emprego da Fundación ONCE vén de adherirse como aliado dixital ao Plan de Inclusión Dixital de Galicia 2020, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).

O programa de Voluntariado Dixital de Galicia publica unha nova convocatoria para colaborar na "Maker Faire Galicia"

O programa de Voluntariado Dixital de Galicia publica unha nova convocatoria para colaborar na "Maker Faire Galicia"

Os días 1 e 2 de outubro celebrarase no Pazo de Congresos de Santiago a “Maker Faire Galicia” un encontro que serve de escaparate para as invencións, a creatividade e o enxeño pensado para todos os públicos co obxectivo final de potenciar unha Galicia innovadora e colaborativa.

Os galegos poderán consultar a situación dos seus procesos xudiciais online a partir de outubro

Os galegos poderán consultar a situación dos seus procesos xudiciais online a partir de outubro

A sede electrónica xudicial galega estará operativa en outubro e permitirá aos cidadáns consultar o estado no que se atopan as demandas ou procesos xudiciais nos que sexan parte. Para saber en que fase se atopa o proceso o demandante só precisará identificarse na sede cun certificado dixital ou co DNI electrónico. É a primeira fase dunha sede xudicial, que irá incorporando funcionalidades progresivamente como a de iniciar online procedementos monitorios, unha fórmula xudicial para reclamar débedas, que non precisa da intervención dun avogado ou dun procurador.

A fundación Vodafone España e a Xunta lanzan a primeira convocatoria do programa ‘Connecting for Good Galicia’

A fundación Vodafone España e a Xunta lanzan a primeira convocatoria do programa ‘Connecting for Good Galicia’

A Fundación Vodafone España abre a primeira convocatoria de ‘Connecting for Good Galicia’, o programa impulsado en colaboración con Vodafone e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega) e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, para desenvolver iniciativas emprendedoras de innovación social dixital.

Os fogares galegos con internet de banda larga contratada superan o 70%

Os fogares galegos con internet de banda larga contratada superan o 70%

A contratación de Internet mediante banda larga en Galicia acada o 71,4% dos fogares, cun ritmo de crecemento superior á media estatal e europea. O crecemento porcentual de Galicia durante os años 2012-2015 foi do 34,5% fronte ao 16,6% en España e ao 11,1% na Unión Europea.

O CPETIG e a Amtega forman a 25 profesionais en ciberseguridade

O CPETIG e a Amtega forman a 25 profesionais en ciberseguridade

O Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), impartirá un curso de formación en ciberseguridade os días 9, 10, 16 e 17 de setembro. Ás xornadas, que se celebran en Santiago, asistirán un grupo de 25 profesionais, que esgotaron as prazas ofertadas.

O novo portal da Xunta facilita as buscas personalizadas e potencia o acceso aos servizos dixitais

O novo portal da Xunta facilita as buscas personalizadas e potencia o acceso aos servizos dixitais

A Xunta de Galicia publica hoxe o novo portal corporativo, cun deseño máis actual, que busca incrementar a acesibilidade e a usabilidade. O novo deseño mellora as buscas e a navegación, potencia o acceso aos servizos dixitais e o contido visual.

O redeseño de xunta.gal outórgalle maior protagonismo ao buscador na portada, acorde coas tendencias actuais e como xa se fixo noutros portais da administración autonómica, cunha boa acollida por parte dos usuarios, que incrementaron o número de buscas.