Conde mantén a primeira reunión de traballo con responsables de Indra e Inaer de cara á sinatura en abril do contrato para a posta en marcha do polo de avións non tripulados

Conde mantén a primeira reunión de traballo con responsables de Indra e Inaer de cara á sinatura en abril do contrato para a posta en marcha do polo de avións non tripulados

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, avanzou hoxe que a Xunta asinará en abril o contrato con Indra e Inaer para a posta en marcha do polo de avións non tripulados. Conde participou na primeira reunión do grupo de traballo do polo tecnolóxico e industrial de Rozas, que reuniu na sede da Axencia Galega de Innovación a membros da consellería, xunto a executivos de Inaer e a súa matriz, Babcock, incluíndo aos responsables de UAVs e de I+D; así como a responsables de Indra, entre eles o director de Innovación e o xerente de Vehículos Aéreos.

A Xunta estenderá o uso do visor do expediente xudicial electrónico ás sedes xudiciais galegas ao longo de 2016

A Xunta estenderá o uso do visor do expediente xudicial electrónico ás sedes xudiciais galegas ao longo de 2016

A Xunta implantará o visor do expediente xudicial electrónico nos xulgados galegos ao longo de 2016. Así o indicaron o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e a directora da Amtega, Mar Pereira, esta mañá durante a presentación desta solución, na que tamén participaron o fiscal xefe de Pontevedra, Juan Carlos Aladro e o maxistrado da Audiencia Provincial, Manuel Almenar.

O Servizo de Rehabilitación do CHUVI conta coa unidade de ondas de choque máis avanzada de Galicia

O Servizo de Rehabilitación do CHUVI conta coa unidade de ondas de choque máis avanzada de Galicia

O Chuvi conta co dispositivo de ondas de choque máis avanzado de Galicia, o que lle converte nunha referencia para este tipo de tratamentos. Desde que entrou en funcionamento no Hospital do Meixoeiro, o pasado mes de outubro, máis de 400 pacientes, recibiron este tratamento.

Este dispositivo combina o tratamento mediante ondas de choque focais e radiais. Ningún outro centro da Comunidade está en disposición, na actualidade, de ofrecer este servizo.

Mar Pereira anuncia a posta en marcha este ano do Plan de inclusión dixital de Galicia 2020

Mar Pereira anuncia a posta en marcha este ano do Plan de inclusión dixital de Galicia 2020

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia porá en marcha antes do verán o Plan de Inclusión Dixital de Galicia. Así o anunciou a directora da Amtega, Mar Pereira, esta mañá na inauguración do XV Encontro Redes de Telecentros que se celebra na Cidade da Cultura, organizada pola Asociación Comunidade de Redes de Telecentros, en colaboración coa Amtega.

A Xunta pon en marcha o carné único e o catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

A Xunta pon en marcha o carné único e o catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia

A Xunta de Galicia pon en marcha o carné único da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia grazas á implantación dun novo sistema integrado de xestión bibliotecaria de catálogo único, promovida pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Feijóo presenta Smart Camiño, unha iniciativa que “introducirá o Camiño nas enciclopedias do futuro, a rede das redes”

Feijóo presenta Smart Camiño, unha iniciativa que “introducirá o Camiño nas enciclopedias do futuro, a rede das redes”

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe a iniciativa Smart Camiño que, tal e como salientou “introducirá o Camiño na enciclopedia do futuro, a rede de redes” e permitirá planificar a viaxe, usar a realidade aumentada para consultar onde comprar, comer ou hospedarse. “Estamos ante unha verdadeira rede social dos camiños” engadiu.

A Amtega aproba o Plan de acción 2016 con 35 programas para consolidar a dixitalización dos servizos públicos, de sectores estratéxicos da economía e despregar redes ultrarrápidas no rural

A Amtega aproba o Plan de acción 2016 con 35 programas para consolidar a dixitalización dos servizos públicos, de sectores estratéxicos da economía e despregar redes ultrarrápidas no rural

O Plan de Acción 2016 da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), establece 35 programas e obxectivos operativos, dotados con 77 millóns de euros para consolidar unha administración intelixente e eficiente, avanzar cara unha cidadanía dixital, integrar as TIC nos sectores económicos chave de Galicia, impulsar o sector TIC e estender redes ultrarrápidas na Comunidade.

A Amtega e a AETG poñen en marcha un servizo de asesoramento aos concellos para o despregamento de infraestruturas TIC

A Amtega e a AETG poñen en marcha un servizo de asesoramento aos concellos para o despregamento de infraestruturas TIC

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) pon á disposición dos concellos galegos un servizo de asesoramento sobre normativa e solucións técnicas para o despregamento de infraestruturas de telecomunicación. É unha das medidas recollidas no convenio de colaboración asinado esta mañá en Santiago de Compostela pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, e o presidente da AETG, Ramón Bermúdez de Castro.

A Amtega e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación elaborarán unha nova Guía de Boas Prácticas dirixida ás entidades locais para o despregamento de redes de telecomunicacións

A Amtega e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación elaborarán unha nova Guía de Boas Prácticas dirixida ás entidades locais para o despregamento de redes de telecomunicacións

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (AETG) elaborarán unha nova “Guía de boas prácticas para o despregamento de infraestruturas de telecomunicación”, que contemplará os novos aspectos e cambios normativos de interese para a Administración Local.

O departamento de Informática do Álvaro Cunqueiro convértese nunha referencia para estudantes e profesionais polo seu nivel tecnolóxico

O departamento de Informática do Álvaro Cunqueiro convértese nunha referencia para estudantes e profesionais polo seu nivel tecnolóxico

O departamento de Informática do Hospital Álvaro Cunqueiro estase a converter nunha referencia para estudantes e profesionais polo nivel tecnolóxico de que dispón e a capacidade de información que é capaz de xestionar.