O CDTIC da Amtega pecha en Ourense o ciclo "Pon o teu negocio en internet" cun seminario para analizar quen visita a web dun negocio na rede
O CDTIC da Amtega pecha en Ourense o ciclo "Pon o teu negocio en internet" cun seminario para analizar quen visita a web dun negocio na rede
O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), organiza o día 21 de xuño o seminario que leva por título “Quen visita a túa web? A resposta con Google Analytics” (https://cdtic.xunta.gal/google-analytics-ourense) que se impartirá na aula CeMIT de Ourense, situada no edificio La Molinera, en horario de 16.00 a 20.00 h.