O Goberno galego dá luz verde á convocatoria de axudas para despregar redes de 100 megas en polígonos industriais
O Goberno galego dá luz verde á convocatoria de axudas para despregar redes de 100 megas en polígonos industriais
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a aprobación, por parte do Consello da Xunta, da convocatoria de axudas para despregar redes de 100 megas en polígonos industriais.
Como sinalou Feijóo, contar cunha conexión a Internet da máxima calidade é clave para acceder a moitos dos recursos que ofrece a rede de redes e precisou que esta é a primeira actuación do Plan de Banda Larga 2020, que prevé estender redes ultrarrápidas en zonas con alta demanda e que non teñen aínda cobertura.