Expertos do Incibe e de empresas punteiras analizan os retos da ciberseguridade nun novo faladoiro dixital, organizado pola Amtega e o CPEIG
Expertos do Incibe e de empresas punteiras analizan os retos da ciberseguridade nun novo faladoiro dixital, organizado pola Amtega e o CPEIG
Un novo faladoiro dixital organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) desenvolverase o vindeiro 21 de setembro dentro da campaña de divulgación e difusión de novos perfís profesionais na era dixital. O encontro, que abordará a ciberseguridade coa participación de expertos na materia, desenvolverase no Edificio CINC da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, de 09.45h. a 14.00h.