Preto de cen concellos formalizan a súa adhesión á rede dixital de emerxencias da Xunta
Preto de cen concellos formalizan a súa adhesión á rede dixital de emerxencias da Xunta
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, fixeron entrega hoxe na Estrada de 239 terminais da Rede Dixital de Emerxencias de Galicia, RESGAL, a case un cento de concellos galegos.
A entrega realizouse no marco dunha Xornada formativa sobre a Rede corporativa de comunicacións móbiles dixitais de emerxencias e seguridade de Galicia, que se celebra na Agasp e contan con máis de 300 participantes, entre servizos de emerxencias municipais e supramunicipais.