Mar Pereira destaca a aposta da Xunta pola tecnoloxía como motor da competitividade no período de financiamento 2014-2020
Mar Pereira destaca a aposta da Xunta pola tecnoloxía como motor da competitividade no período de financiamento 2014-2020
Acadar a máxima converxencia con Europa no horizonte 2020 é o reto do Goberno galego en materia tecnolóxica. Para avanzar neste obxectivo a Xunta aprobou a finais de ano a Estratexia Galega de Crecemento Dixital, unha folla de ruta que prioriza as grandes liñas de actuación que consolidarán e darán continuidade as medidas da Axenda Dixital 2014.gal.