Entra en vigor a carta de servicios del CAE 112 Galicia co fin de incrementar a calidade dos seus prestacions e lograr a plena satisfacción dos usuarios

Entra en vigor a carta de servicios del CAE 112 Galicia co fin de incrementar a calidade dos seus prestacions e lograr a plena satisfacción dos usuarios

A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia informa da recente entrada en vigor da Carta de Servizos do Centro de Atención ás Emerxencias (CAE) 112 Galicia, tras a súa publicación no DOG. O principal obxectivo deste documento é incrementar a calidade do servizo e lograr a plena satisfacción dos usuarios.

Economía e Industria destaca o proxecto vigués Tintorería Mimos como exemplo de emprendemento apoiado nas TIC

Economía e Industria destaca o proxecto vigués Tintorería Mimos como exemplo de emprendemento apoiado nas TIC

O director do Igape, Javier Aguilera, salientou hoxe o proxecto vigués Tintorería Mimos como exemplo de emprendemento intelixente baseado nas tecnoloxías da información e a comunicación, destacando que o eixo principal do negocio desta empresa que desenvolve a súa actividade no barrio vigués de Navia será o servizo a domicilio asentado nun anovador sistema de xestión que permite aforrar custos e tempo.

O curso de Scratch do CPETIG e a Amtega esperta o interese do profesorado de toda Galicia, cunha demanda superior ás prazas dispoñibles

O curso de Scratch do CPETIG e a Amtega esperta o interese do profesorado de toda Galicia, cunha demanda superior ás prazas dispoñibles

O curso de Scratch, organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG), espertou o interese do profesorado non universitario de toda Galicia ao superar a demanda as 35 prazas dispoñibles. Esta actividade formativa, que se celebrará mañá e o próximo venres no Centro Demostrador TIC (CDTIC), en Santiago de Compostela, entre as 16.00 e 20.00 horas, conta coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O Observatorio de software libre da Comisión Europea pon en valor a Guía de Boas Prácticas para a liberación de documentos da Administración Autonómica

O Observatorio de software libre da Comisión Europea pon en valor a Guía de Boas Prácticas para a liberación de documentos da Administración Autonómica

O Observatorio de Software Libre da Comisión Europea faise eco no seu portal (https://joinup.ec.europa.eu/community/osor/news/galicia-recommends-use-open-document-format) da publicación por parte da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia  da “Guía de boas prácticas para a Liberación de Publicacións da Xunta de Galicia” o pasado 26 de marzo, coincidindo co Día Internacional da Liberdade dos Documentos.

A Xunta incide na necesidade de superar a actual fenda dixital de xénero e aproveitar o talento e a capacidade innovadora das mulleres

A Xunta incide na necesidade de superar a actual fenda dixital de xénero e aproveitar o talento e a capacidade innovadora das mulleres

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presidiu esta mañá o acto de celebración do ‘Día Internacional das Rapazas nas TIC’, organizado polo Centro de Supercomputación de Galicia e no que tamén participaron a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, e o director do CESGA, Javier García Tobío.

O CDTIC celebra o 6 e 7 de maio dous obradoiros sobre solucións para a mellora da produtividade nas organizacións e a xestión da opinión dos clientes

O CDTIC celebra o 6 e 7 de maio dous obradoiros sobre solucións para a mellora da produtividade nas organizacións e a xestión da opinión dos clientes

O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, acollerá, os vindeiros 6 e 7 de maio enhorario de 17.00 a 20.00 horas, dous obradoiros sobre a mellora da produtividade nas organizacións e a xestión da opinión dos clientes.

Os xulgados de Celanova e Ribadavia elevan ao 66% as sedes xudiciais de Ourense con conexión a internet de 100 Mbps grazas ao plan de banda larga da Xunta

Os xulgados de Celanova e Ribadavia elevan ao 66% as sedes xudiciais de Ourense con conexión a internet de 100 Mbps grazas ao plan de banda larga da Xunta

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) posibilitou o acceso a redes de nova xeración con 100 Mbps de velocidade nas últimas semanas no xulgados de Celanova e Ribadavia, co que se elevan ao 66% as sedes xudiciais de Ourense, que dispoñen destas redes.

A mellora da conectividade dos xulgados é posible grazas á posta en marcha pola Xunta do Plan de Banda Larga de Galicia, que permitiu dotar de conexións con velocidades de 100 Mbps a 38 edificios das 45 sedes xudiciais existentes nas catro provincias galegas.

A Xunta de Galicia e o Valedor do Pobo forman a máis de 400 orientadores e persoal docente no uso responsable da internet e as novas tecnoloxías entre os adolescentes

A Xunta de Galicia e o Valedor do Pobo forman a máis de 400 orientadores e persoal docente no uso responsable da internet e as novas tecnoloxías entre os adolescentes

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou esta mañá na xornada ‘O uso responsable de Internet e as novas tecnoloxías entre os adolescentes’, coa que o seu departamento, a través do Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) achega a máis de 400 orientadoras, orientadores e persoal docente a plataforma online coa que se recollerán datos reais para o estudo do emprego da rede por parte dos menores.

Aberto o prazo para acollerse ás axudas para equipamentos de recepción da TDT vía satélite nos concellos incluídos no Programa de Desenvolvemento Rural Sostible en Galicia

Aberto o prazo para acollerse ás axudas para equipamentos de recepción da TDT vía satélite nos concellos incluídos no Programa de Desenvolvemento Rural Sostible en Galicia

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Medios, en colaboración coa Administración Xeral do Estado, destinan máis de 206.340 euros no exercicio 2014 para subvencionar a adquisición de equipamentos para a recepción da TDT a través do satélite, para familias sen cobertura que vivan nas zonas a revitalizar do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible en Galicia, pertencentes, fundamentalmente, aos concellos do interior de Lugo e de Ourense. Está previsto que esta subvención beneficie, no presente exercicio, a máis de 700 familias.

Cores Tourís coñeceu o proxecto de mellora tecnolóxica da firma Pescados Vixa situada en Meaño

Cores Tourís coñeceu o proxecto de mellora tecnolóxica da firma Pescados Vixa situada en Meaño

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá, en compaña da alcaldesa de Meaño, Lourdes Ucha, a firma Pescados Vixa para coñecer o investimento en transformación e innovación que está a realizar na súa planta e na que colaborou a Xunta de Galicia a través de axudas a investimentos en pesca e acuicultura da Consellería de Medio Rural e Mar.