Os axentes galegos do Software Libre colaboran coa Amtega en máis do 42% das accións do plan da Xunta, que este ano migrará á software libre ofimático preto de 1.000 ordenadores
Os axentes galegos do Software Libre colaboran coa Amtega en máis do 42% das accións do plan da Xunta, que este ano migrará á software libre ofimático preto de 1.000 ordenadores
A Xunta abordará no último trimestre deste ano o Plan de migración a software libre ofimático en preto de 1.000 ordenadores dos empregados da Administración Xeral. Así o indicou a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, tras asinar esta mañá os convenios de colaboración cos axentes galegos do Software Libre galego, aos que trasladou as liñas de acción do Plan de Software Libre 2014, no que participan con 34 das 80 actividades previstas