Expertos da Comisión Europea analizan en Santiago o Programa Voluntariado Dixital da Xunta como exemplo de inclusión social a través das TIC

Expertos da Comisión Europea analizan en Santiago o Programa Voluntariado Dixital da Xunta como exemplo de inclusión social a través das TIC

O próximo 25 de marzo, o Programa Voluntariado Dixital, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, será obxecto dun peer review como exemplo de boa práctica en materia de inclusión social a través das TIC.

A Xunta de Galicia abre a terceira convocatoria de axudas para contratar internet de banda larga vía satélite nas zonas máis illadas da Comunidade

A Xunta de Galicia abre a terceira convocatoria de axudas para contratar internet de banda larga vía satélite nas zonas máis illadas da Comunidade

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a apertura da terceira convocatoria de axudas para contratar Internet de banda larga vía satélite destinadas a fogares e pemes das zonas con máis dificultades de cobertura de toda a Comunidade. O programa conta este ano cun investimento de 359.000 euros e permitirá achegar a banda larga a case 2.400 fogares e pemes que non dispoñan de acceso á banda larga de cando menos 2Mbps, mediante outra tecnoloxía.

Máis de 4.300 persoas beneficiáronse das actuacións do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta en dous anos

Máis de 4.300 persoas beneficiáronse das actuacións do Programa de Voluntariado Dixital da Xunta en dous anos

O labor de máis de 340 voluntarios dixitais e das 78 entidades adscritas ao Programa de Voluntariado Dixital da Xunta conseguiu achegar os beneficios das TIC a máis de 4.300 persoas nos últimos dous anos. Esta iniciativa, posta en marcha en febreiro de 2011 pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e a Consellería de Traballo e Benestar, ten como obxectivo achegar as novas tecnoloxías á unha maior porcentaxe da poboación, favorecendo a inclusión dixital de toda a cidadanía.

A Xunta de Galicia colaborará con ‘Protégeles’ para a protección dos menores no emprego das novas tecnoloxías da información e a comunicación

A Xunta de Galicia colaborará con ‘Protégeles’ para a protección dos menores no emprego das novas tecnoloxías da información e a comunicación

A Xunta de Galicia e o Centro de Seguridade en Internet ‘Protégeles’ veñen de subscribir a súa colaboración para a protección dos menores no emprego das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC), unha das liñas prioritarias de actuación do departamento autonómico para dar resposta aos retos que estas ferramentas supoñen tanto no eido educativo como na vida cotiá, e na que xa se están a desenvolver actuacións a través da formación do profesorado e de programas como ‘Navega con rumbo’.

Cores Tourís destaca a aposta da Xunta pola mellora das tecnoloxías da información e da comunicación no eido rural

Cores Tourís destaca a aposta da Xunta pola mellora das tecnoloxías da información e da comunicación no eido rural

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá a aposta da administración autonómica pola mellora das tecnoloxías da información e da comunicación no ámbito rural que veñen avaladas por liñas de subvención recentemente publicadas tanto de acceso á internet de banda larga vía satélite como a proxectos dinamizadores das áreas rurais promovidos por microempresas para o uso das TICs.

A Amtega publica unha guía de boas prácticas para a liberación de documentos da Administración autonómica

A Amtega publica unha guía de boas prácticas para a liberación de documentos da Administración autonómica

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de publicar a “Guía de boas prácticas para a Liberación de Publicacións da Xunta de Galicia” que explica as vantaxes de empregar tanto formatos abertos como licenzas libres nas publicacións elaboradas pola Xunta de Galicia.

Retegal presidirá un ano máis a Asociación Nacional de Operadores de Telecomunicacións UNIRED

Retegal presidirá un ano máis a Asociación Nacional de Operadores de Telecomunicacións UNIRED

O operador público Retegal, dependente da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), presidirá por segundo ano consecutivo a Asociación Nacional de Operadores de Telecomunicacións UNIRED.

A aplicación ‘Mobem’ para facer xestións co Servizo Público de Emprego desde o móbil incorpora un sistema de notificacións

A aplicación ‘Mobem’ para facer xestións co Servizo Público de Emprego desde o móbil incorpora un sistema de notificacións

A Xunta de Galicia vén de actualizar a aplicación Mobem, que permite realizar aos galegos e galegas xestións co Servizo Público de Emprego desde o móbil. Desde agora esta ferramenta recolle as achegas dos usuarios e, deste xeito, incorpora un sistema de notificacións, polo que os cidadáns poderán recibir nas súas terminais unha notificación cada vez que ocorra un evento que poida ser do seu interese. A nova versión de Mobem estará dispoñible tanto para as plataformas Android, como para IOS, RIM e Windows Phone.

A Amtega e o CPETIG colaboran na celebración da IV Xornada de informática xudicial

A Amtega e o CPETIG colaboran na celebración da IV Xornada de informática xudicial

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia (CPETIG) colaborarán na celebración da IV Xornada de Informática Xudicial, segundo se recolle no acordo asinado esta mañá en pola directora da Amtega, Mar Pereira, e o presidente do CPETIG, Marcos Jaime Mata. O convenio contempla, ademais, accións formativas sobre protección de datos, eadministración e programación para nenos.

Informática xudicial

O Cesga respalda cos seus sistemas de supercomputación a busca de novos fármacos da Universidade de Santiago no marco do proxecto Innopharma

O Cesga respalda cos seus sistemas de supercomputación a busca de novos fármacos da Universidade de Santiago no marco do proxecto Innopharma

O Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) apoiará cos seus sistemas de supercomputación a busca de novos fármacos que a Universidade de Santiago está a levar a cabo no marco do proxecto Innopharma. Esta iniciativa inclúe a creación dunha plataforma de farmacoxenómica que une as capacidades das Plataformas de Xenómica e de Cribado de Fármacos da universidade, liderados polos doutores Ángel Carracedo e Mabel Loza, respectivamente.