Galicia é a segunda comunidade que máis emprega a Administración electrónica
Galicia é a segunda comunidade que máis emprega a Administración electrónica
Os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) sobre equipamento e uso das TIC nos fogares en 2013 sitúan a Galicia no segundo posto do ranking de Comunidades Autónomas no emprego dos servizos da e-Administración durante os últimos doce meses.
A Comunidade sube un posto respecto a 2012 na interacción coas Administracións Públicas a través de Internet para obter información e descargar formularios, sendo só superada pola Comunidade de Madrid.