O sector tecnolóxico galego supera por primeira vez os 23.000 empregados e acada un valor engadido bruto de 1.800 millóns de euros

O sector tecnolóxico galego supera por primeira vez os 23.000 empregados e acada un valor engadido bruto de 1.800 millóns de euros

O sector tecnolóxico galego segue a senda de crecemento dos últimos anos e rexistra a cifra máis alta de profesionais con 23.467 persoas empregadas. Galicia conta con 3.108 empresas TIC, unha cifra que  representa o 4,7% do total nacional e mantén á Comunidade na quinta posición estatal en número de empresas do sector.

Ourense concentrará nun laboratorio transversal os recursos para impulsar e coordinar a ciberseguridade en Galicia

Ourense concentrará nun laboratorio transversal os recursos para impulsar e coordinar a ciberseguridade en Galicia

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño Iglesia, inaugurou esta mañá no Parque Tecnolóxico de Galicia Tecnópole a xornada "Galicia cibersegura: protexendo o tecido empresarial". Durante a súa intervención, o director da axencia autonómica destacou que xa está publicada a licitación dun acordo marco para a dotación dun laboratorio transversal que estará integrado no Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia (CECIGA) que se está a construír en Tecnópole.

A Xunta porá en marcha un laboratorio e centro demostrador en ciberseguridade no futuro edificio do CECIGA en Ourense

A Xunta porá en marcha un laboratorio e centro demostrador en ciberseguridade no futuro edificio do CECIGA en Ourense

O Consello do Goberno galego avaliou hoxe o informe presentado pola Consellería de Facenda e Administración Pública para dotar de equipamento e servizos ao laboratorio e centro demostrador en ciberseguridade do Centro de Excelencia en Ciberseguridade (CECIGA) en Ourense. Os obxectivos principais deste laboratorio son a prestación de servizos avanzados en ciberseguridade, apoiar o cumprimento normativo, realizar validacións de ciberseguridade de produtos e servizos, potenciar o desenvolvemento de solucións innovadoras e formar a profesionais en temas de seguridade dixital.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia abre o prazo de inscrición no curso para obter a Certificación Galega de Competencias Dixitais no nivel de iniciación

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia abre o prazo de inscrición no curso para obter a Certificación Galega de Competencias Dixitais no nivel de iniciación

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de 300 prazas para realizar un curso de teleformación titorizado cuxa superación posibilita obter
de forma inmediata a certificación galega en competencias dixitais (ComDix), no nivel de Iniciación. As inscricións poderán realizarse desde mañá xoves, 24 de abril, ata o vindeiro 5 de maio, a través da páxina web da Rede CeMIT.

A Xunta impulsa o talento feminino en ciberseguridade coa IV edición de Somos Cibernéticas

A Xunta impulsa o talento feminino en ciberseguridade coa IV edición de Somos Cibernéticas

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega), organiza a cuarta edición de Somos Cibernéticas, un encontro deseñado para fomentar o talento feminino no eido da ciberseguridade. O evento, que se celebrará o vindeiro 6 de maio no Centro GaiásTech da Cidade da Cultura, contará coa participación de preto de 60 estudantes de 4º da ESO.

O obxectivo principal da xornada é incentivar o interese das mozas no sector da ciberseguridade, explorar as súas oportunidades profesionais e contribuír á redución da fenda dixital de xénero.

Corgos destaca o papel do Consello Galego de Intelixencia Artificial para o asesoramento e impulso desta tecnoloxía en Galicia

Corgos destaca o papel do Consello Galego de Intelixencia Artificial para o asesoramento e impulso desta tecnoloxía en Galicia

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou hoxe o papel do Consello Galego de IA para o asesoramento e impulso desta tecnoloxía en Galicia polo seu carácter de máximo órgano colexiado de participación pública, privada e do coñecemento. O conselleiro animou ás persoas que integran o Consello a aportar melloras na planificación, xestión e avaliación das políticas públicas en materia de IA.

A Xunta reforza a formación dos empregados públicos en ciberseguridade para garantir unha Administración máis segura

A Xunta reforza a formación dos empregados públicos en ciberseguridade para garantir unha Administración máis segura

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) acolleu esta tarde a inauguración da quinta edición do curso superior en ciberseguridade, organizado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Escola, en colaboración co Centro Criptolóxico Nacional (CCN).
O curso foi inaugurado pola directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos; o director da área de infraestruturas e seguridade da AMTEGA, Adrián Lence Paz; o xefe da subárea de seguridade da AMTEGA e director do curso, Gustavo Herva Iglesias, e a avogada experta en ciberdereito, Noemí Rodríguez García.

A Xunta convida a toda a cidadanía a participar nos actos do Día de Europa, que se celebra no Porriño

A Xunta convida a toda a cidadanía a participar nos actos do Día de Europa, que se celebra no Porriño

A Xunta convida a todos os galegos e galegas a participar nos actos de celebración do Día de Europa, mañá venres, 9 de maio, no Porriño. A vila pontevedresa acolle unha exposición itinerante sobre Fondos Europeos para dar a coñecer os distintos programas europeos que están en marcha e as oportunidades de financiamento que ofrecen.

Corgos avanza a posta en marcha do Programa Galego de IA 2025-2027 para afondar nunha administración máis áxil, eficiente e personalizada

Corgos avanza a posta en marcha do Programa Galego de IA 2025-2027 para afondar nunha administración máis áxil, eficiente e personalizada

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, avanzou hoxe a posta en marcha do Programa Galego de Intelixencia Artificial 2025-2027, que recollerá as actuacións do Goberno galego para afondar nunha Administración cada vez máis áxil, máis eficiente e capaz de ofrecer servizos máis personalizados á cidadanía e ao tecido empresarial.

A Xunta consolida a xestión dixital centralizada da atención a persoas maiores e colectivos vulnerables

A Xunta consolida a xestión dixital centralizada da atención a persoas maiores e colectivos vulnerables

O Consello de aprobou hoxe a contratación dos servizos que permitirán actualizar e mellorar os sistemas tecnolóxicos de xestión dos centros de política social (CENPOS) e o sistema de xestión do centro de residentes (CENRES). O contrato terá unha duración de tres anos e contempla a posibilidade de prórroga, cun orzamento estimado de case seis millóns de euros.