O Centro GaiásTech fomenta as vocacións STEAM entre as rapazas cun taller sobre tecnoloxía e clima
O Centro GaiásTech fomenta as vocacións STEAM entre as rapazas cun taller sobre tecnoloxía e clima
O Centro GaiásTech da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia lanza unha nova actividade enmarcada nas actuacións para fomentar as vocacións femininas STEAM. O taller Ecocápsulas do Futuro: Supervivencia e Tecnoloxía nun Clima Cambiante terá lugar os días 10 e 24 de abril, Día Internacional das Rapazas nas TIC. A apertura hoxe do prazo de inscrición coincide co Día Internacional de Muller e a Nena na Ciencia.
Este proxecto enmárcase dentro do programa RETECH (Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica), impulsado polo Ministerio para a Transformación Dixital, cuxo fin é a coordinación de proxectos de transformación dixital para a cohesión social e equilibrio territorial.