Feijóo avanza que a nova Lei de bibliotecas de Galicia permitirá un novo modelo de biblioteca “para que poida traballarse en rede e para que poida avanzarse na idea dunha verdadeira biblioteca pública de Galicia dixital”

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, esta mañá, na rolda de prensa do Consello, a aprobación do proxecto de Lei de bibliotecas de Galicia, que renova unha normativa que data de 1989 e que busca un novo modelo de biblioteca “para que poida traballarse en rede e para que poida avanzarse na idea dunha verdadeira biblioteca pública de Galicia dixital”.