A Xunta recibe do Ministerio de Xustiza unha nova versión de Minerva que non está adaptada ás necesidades da nova reforma procesual que entrará en vigor o 11 de decembro
A Xunta recibe do Ministerio de Xustiza unha nova versión de Minerva que non está adaptada ás necesidades da nova reforma procesual que entrará en vigor o 11 de decembro
O Ministerio de Xustiza remitiu á Xunta de Galicia unha nova versión de Minerva que segue sen dispoñer das adaptacións ás leis de reforma procesual, que entrarán en vigor o 11 de decembro e que afectan á xurisdición social.
Co obxectivo de minimizar no posible os efectos de negativos desta situación no funcionamento ordinario na xurisdición social, a Xunta de Galicia de xeito coordinado coa Secretaría de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, estableceu un procedemento transitorio de xestión do que foron informados os secretarios dos órganos implicados.