O DOG publica hoxe o decreto que regula a presenza da administración autonómica en internet

Venres 28 de Outubro de 2011

O DOG publica hoxe o decreto que regula a presenza da administración autonómica en internet

Impulsa o avance cara o Goberno aberto facilitando a reutilización dos datos que xera a Administración pública por parte de cidadáns e empresas

É un elemento xerador de emprego e riqueza que abre novas oportunidades de negocio para emprendedores que poden crear aplicacións e prestacións en base a esta información

O decreto promove a transparencia informativa e o uso das redes sociais como canais de participación e interacción da sociedade coa Administración

Ordena a rede de portais corporativos integrada por preto de 300 páxinas web

Supón un paso máis no proceso de modernización da Administración autonómica para mellorar a calidade do servizo ofrecido ao cidadáns acorde coas necesidades da eAdministración

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o Decreto que regula a presenza da Administración Xeral do Sector Público en Internet. O obxectivo do decreto é garantir a transparencia informativa e impulsar a participación cidadá a través das redes sociais avanzando cara un Goberno aberto.

É un paso máis no proceso de modernización da Administración autonómica para mellorar a accesibilidade dos cidadáns aos servizos e a información que Administración pon á súa disposición, acorde coas necesidades dunha verdadeira administración electrónica. Coa publicación deste decreto Galicia convértese na segunda comunidade, por detrás do País Vasco, en contar cunha norma destas características.

Impulso do Goberno aberto

O decreto establece as medidas para impulsar o uso das redes sociais e para avanzar en aspectos clave da eAdministración como a reutilización da información, a transparencia e a accesibilidade. O obxectivo é acadar o Goberno aberto, aquel que promove unha participación efectiva a través das canles sociais e que pon a disposición da sociedade, de maneira libre, os datos que se xeran no ámbito da Administración pública.

Este tipo de información (listas, bases de datos, informes…) posúe un grande interese e potencial para os cidadáns e empresas pola súa calidade e fiabilidade. Por unha banda, ofréceselles aos cidadáns a posibilidade de mellorar a súa información e coñecemento sobre as actividades das institucións e por outra facilítaselle ás empresas o desenvolvemento de novos servizos e produtos.

O avance cara o Goberno aberto supón elemento xerador de emprego e riqueza ao abrir a posibilidade de novas oportunidades de negocio para emprendedores que poden crear novas aplicacións e prestacións en base a esta información. Ademais, aos axentes económicos e sociais poderán ter unha maior axilidade na toma de decisións ao dispoñer de forma fácil e asequible información administrativa, financieira, xurídica.

Participación a través das redes sociais

O decreto promove o uso das redes sociais como canle de diálogo, participación consulta e opinión, a través do que recibir valoracións e suxestións sobre a planificación de políticas, e toma de decisións a todos os niveis de goberno. A Administración autonómica incrementou progresivamente a súa presenza nestas canles e actualmente arredor de 15 departamentos da Xunta teñen contas en redes sociais como Facebook, Twitter, Tuenti, Flickr, Youtube e Vimeo e portal corporativo www.xunta.es conta con preto de 5.000 seguidores en Facebook e Twitter.

Para acadar un verdadeiro intercambio de información e unha comunicación fluída co cidadán o decreto estipula o cumprimento dos criterios en materia de accesibilidade con especial atención ao acceso á información por parte dos colectivos con discapacidade funcional. Tamén regula os usos lingüísticos impulsando o uso do galego, que será a lingua de navegación por defecto e establecendo a publicación de contidos,a lo menos, en galego e castelán

Unha rede de 288 webs

O decreto publicado hoxe establece a presenza da Administración pública na Rede baixo unha rede de portais estruturados arredor da web institucional www.xunta.es, a través do cal se poderá acceder á totalidade portais e servizos participativos da Xunta. No portal corporativo, que ten unha media de un millón de visitas ao mes, o usuario terá acceso a un catálogo de portais, un inventario estruturado por temas onde o atopará máis facilmente o acceso ás 288 webs que ten actualmente á súa disposición.