Os expertos avanzan na valorización dos recursos mariños co debate dos resultados máis relevantes do proxecto Biotecmar

Os expertos avanzan na valorización dos recursos mariños co debate dos resultados máis relevantes do proxecto Biotecmar

A directora do Centro Tecnolóxico do Mar CETMAR, Paloma Rueda, inaugurou esta mañá o último seminario organizado no marco do proxecto Biotecmar, Explotación Biotecnolóxica dos Produtos e Subprodutos Mariños. Este seminario, que se celebra durante a mañá e a tarde de hoxe, ten como obxectivo avanzar na valorización dos recursos mariños a través da exposición e do debate dos resultados máis relevantes do proxecto.

Raquel Arias destaca que a plataforma E-deidades “abre unha oportunidade para situar os negocios das empresarias lucenses no mercado exterior”

Raquel Arias destaca que a plataforma E-deidades “abre unha oportunidade para situar os negocios das empresarias lucenses no mercado exterior”

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, valorou a iniciativa das empresarias lucenses para contar cunha plataforma en internet, E-deidades, xa que “ abre unha oportunidade para situar os seus negocios no mercado exterior”

Arias realizou estas declaracións durante a presentación da web, destacando así mesmo a eficacia do traballo conxunto desenvolvido entre as administracións –Xunta de Galicia, Deputación Provincial e Concello de Lugo- e a Asociación de Mulleres Empresarias para culminar este proxecto, no que o Goberno galego inviste preto de 15.000 euros.

Rueda avanza que a posta en marcha da Sede Electrónica da Xunta permitirá unha administración “sen papeis, máis transparente e aberta e accesible aos cidadáns as 24 horas, os 365 días do ano”

Rueda avanza que a posta en marcha da Sede Electrónica da Xunta permitirá unha administración “sen papeis, máis transparente e aberta e accesible aos cidadáns as 24 horas, os 365 días do ano”

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, afirmou hoxe, trala rolda de prensa do Consello, que a posta en marcha da Sede electrónica da Xunta permitirá unha administración “sen papeis, máis transparente e, sobre todo, aberta e accesible aos cidadáns as 24 horas do día, os 365 días do ano”. “Desde mañá mesmo, e a través do enderezo sede.xunta.es, estará a disposición dos cidadáns un punto de acceso único a toda a Administración autonómica, co obxectivo de facer, baixo o horizonte de 2013, unha Xunta accesible, online e para todo tipo de procesos”.

Hoxe entra en funcionamento a sede electrónica da Xunta de Galicia

Hoxe entra en funcionamento a sede electrónica da Xunta de Galicia

Xa está operativa a sede electrónica da Xunta segundo se recolle na orde que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia. Cidadáns e empresas poden acceder á través da dirección https://sede.xunta.es ao espazo que se convertirá nun punto de acceso único a toda a Administración e as súas entidades instrumentais a través da Rede. De xeito progresivo, a sede ofrecerá aos cidadáns á mesma información e os mesmos servizos que teñen á agora súa disposición en calquera das ventanillas das consellerías.

Rueda destaca a aposta da Xunta polo emprego das novas tecnoloxías nos concellos do rural galego

Rueda destaca a aposta da Xunta polo emprego das novas tecnoloxías nos concellos do rural galego

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda resaltou hoxe na inauguración do novo centro telemático do concello de Crecente a aposta da Xunta pola extensión das novas tecnoloxías por todo o territorio galego, especialmente no ámbito rural.

Rueda destacou que dende o goberno galego se está a investir para estender redes de centros, como o que hoxe se inaugura, e a cobertura de banda ancha para garantir o acceso de Internet a todas os cidadáns.

Modernización e o Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación poñen en marcha un plan de formación dirixido aos técnicos municipais de urbanismo e novas tecnoloxías dos 315 concellos galegos

Modernización e o Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicación poñen en marcha un plan de formación dirixido aos técnicos municipais de urbanismo e novas tecnoloxías dos 315 concellos galegos

O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) e a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica poñen en marcha o vindeiro 27 de setembro unha serie de xornadas formativas destinadas aos técnicos municipais e responsables dos gobernos locais con competencias en materia de urbanismo e novas tecnoloxías dos 315 concellos galegos.

O programa BIC i-TEAMS de Economía e Industria nace para fomentar os proxectos de innovación nas empresas galegas de base tecnolóxica

O programa BIC i-TEAMS de Economía e Industria nace para fomentar os proxectos de innovación nas empresas galegas de base tecnolóxica

A Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, a través do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (BIC Galicia), vai poñer en marcha o Programa BIC i-TEAMS, deseñado para axudar a innovar ás empresas galegas de base tecnolóxica e recente creación, mediante a definición dunha carteira de proxectos de innovación e a concreción dun proxecto específico, en forma de nova proposta de produto ou servizo innovador.

Rueda inaugura por videoconferencia cos alcaldes de Santiago, Bande e Barreiros as aulas Cemit destes concellos

Rueda inaugura por videoconferencia cos alcaldes de Santiago, Bande e Barreiros as aulas Cemit destes concellos

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, inaugurou hoxe pola maña as aulas CeMIT dos concellos de Santiago, Bande e Barreiros, a través dunha videoconferencia cos alcaldes destes tres municipios, Gerardo Conde Roa, José Antonio Armada e Alfonso Fuente Parga. No acto tamén estiveron presentes os delegados territoriais da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e Lugo, Raquel Arias, así como o secretario xeral de Medios da Xunta, Alfonso Cabaleiro, e a secretaria xeral de Modernización, Mar Pereira.

Igualdade estrea un servizo xurídico online para mulleres e vítimas de violencia

Igualdade estrea un servizo xurídico online para mulleres e vítimas de violencia

A Secretaría Xeral da Igualdade pon desde hoxe en funcionamento un servizo de asesoramento xurídico online, accesible a través do seu portal web Mulleres en Galicia www.mulleresengalicia.es, onde se ofrecerá información personalizada e gratuíta ás persoas usuarias, concebido como unha ferramenta moi útil considerando que un asesoramento axeitado constitúe o primeiro paso para saír dunha situación de violencia de xénero.

Mar Pereira: "Investir en novas tecnoloxías redundará nunha mellora a nivel produtivo e económico para Galicia"

Mar Pereira: "Investir en novas tecnoloxías redundará nunha mellora a nivel produtivo e económico para Galicia"

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, clausurou hoxe a presentación do informe Galicia Sociedade Dixital, elaborado pola Fundación Telefónica. A responsable do departamento autonómico indicou que os últimos datos da sociedade da información referidos a Galicia sinalan que “avanzamos pero somos conscientes de que a posición de Galicia con respecto ao resto de comunidades non é a desexada”.