A Delegación Territorial da Xunta na Coruña xa conta cun servizo de videointerpretación no rexistro xeral que facilitará os trámites ás persoas xordas da provincia

A Delegación Territorial da Xunta na Coruña xa conta cun servizo de videointerpretación no rexistro xeral que facilitará os trámites ás persoas xordas da provincia

A Xunta, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, puxo hoxe en marcha na zona de Rexistro e Información da Delegación Territorial da Coruña un sistema de videointerpretación en lingua de signos para persoas xordas. Ademais, o servizo, que permite acceder á mesma información que se facilita a través do teléfono 012, tamén está activo no edificio administrativo do Goberno galego en Ferrol.

O centro demostrador de Galicia acolle mañá a primeira sesión práctica sobre solucións de almacenamento que melloran a seguridade e flexibilidade dos sistemas de información

O centro demostrador de Galicia acolle mañá a primeira sesión práctica sobre solucións de almacenamento que melloran a seguridade e flexibilidade dos sistemas de información

O Centro Demostrador TIC de Galicia (CDTIC) acolle mañá a primeira sesión demostradora dende a súa inauguración a finais de xuño. A empresa Ozona Consulting, compañía especializada en virtualización e cloud computing, realizará unha demostración práctica sobre back up e almacenamento en entornos virtualizados.

O presidente da Xunta subliña que a nova Lei de cooperativas permitirá a innovación con novas fórmulas, reforzará o seu compromiso social e afondará na súa autonomía e xestión

O presidente da Xunta subliña que a nova Lei de cooperativas permitirá a innovación con novas fórmulas, reforzará o seu compromiso social e afondará na súa autonomía e xestión

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, subliñou hoxe, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, que a nova Lei de Cooperativas de Galicia permitirá, no ámbito económico, “a innovación con novas fórmulas”; reforzará “o compromiso social” das mesmas; e, no ámbito organizativo, afondará na “autonomía e na profesionalización da xestión das cooperativas”.

O Centro Demostrador TIC celebra o vindeiro 28 de xullo unha xornada sobre a xestión integral de empresas con Software Libre

O Centro Demostrador TIC celebra o vindeiro 28 de xullo unha xornada sobre a xestión integral de empresas con Software Libre

O Centro Demostrador TIC de Galicia celebra o 28 de xullo a primeira unha xornada dedicada á Xestión Integral de Empresas con Software Libre. Esta xornada vai dirixida aos profesionais e persoal técnico, autónomos, xerentes ou directivos das empresas da nosa comunidade, tanto do sector público como privado.

Feijóo destaca que a recuperación do crecemento “terá que vir a través da innovación” e pon como exemplo o investimento de 125 millóns de euros en tres novedosos proxectos no ámbito da sanidade e da innovación

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, resaltou hoxe que, “nos actuais momentos de crise, a recuperación do crecemento e do emprego terá que vir a través da innovación”, subliñando neste sentido tres importantes proxectos para Galicia no ámbito da sanidade e da innovación que, coa colaboración do Ministerio de Ciencia e Innovación, sumarán un investimento total de 125 millóns de euros.

O Expediente-e reducirá un 50% a carga administrativa do Sergas por procesos selectivos de recursos humanos

O Expediente-e reducirá un 50% a carga administrativa do Sergas por procesos selectivos de recursos humanos

A directora de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Esperanza Fernández Lago, anunciou esta mañá a posta en marcha do Expediente-e único do profesional, que permitirá a todo o persoal do Sergas dispoñer dun currículo profesional electrónico e centralizar e unificar os seus méritos. Fernández Lago destacou que o novo sistema garante os compromisos de modernización, axilización na xestión e transparencia establecidos na Estratexia 2014 do Servizo Galego de Saúde.

Economía e Industria impulsa o aforro das pemes galegas cun novo servizo de “diagnose enerxética on-line”

Economía e Industria impulsa o aforro das pemes galegas cun novo servizo de “diagnose enerxética on-line”

O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra presentou hoxe a novo servizo de Diagnose Enerxética On-line para Pemes, ao que xa se pode acceder dende hoxe na páxina web do Inega (www.inega.es). Esta ferramenta permite facer diagnoses enerxéticas on-line adaptadas ás particularidades de cada empresa, contribuíndo deste xeito á identificación de medidas concretas de eficiencia enerxética.

Feijóo salienta que a Axencia de Modernización Tecnolóxica integrará baixo a mesma dirección aos tecnólogos da Xunta, mellorará a organización, diminuirá custos e procurará unha maior eficacia na prestación dos servizos públicos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou hoxe que a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia permitirá integrar baixo a mesma dirección aos 560 tecnólogos da Xunta, mellorará a organización, diminuirá custos e procurará unha maior eficacia na prestación dos servizos públicos.

Galicia será a primeira comunidade en contar cun sistema de envío telemático de solicitudes de cooperación xudicial

Galicia será a primeira comunidade en contar cun sistema de envío telemático de solicitudes de cooperación xudicial

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o vocal do Consello Xeral do Poder Xudicial Manuel Almenar, presentaron hoxe na Audiencia Provincial de Pontevedra iniciativa que vai permitir o envío telemático entre distintos xulgados das solicitudes de cooperación xudicial, os coñecidos como exhortos, eliminando deste xeito o papel e axilizando os trámites.

Turgalicia edita un blog para ampliar a presenza do turismo galego en internet

Turgalicia edita un blog para ampliar a presenza do turismo galego en internet

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia, Turgalicia, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo publicou hoxe na Internet un blog co obxectivo de ampliar a súa presenza na web 2.0 para resolver de xeito máis eficaz as demandas de información e comunicación sobre o turismo de Galicia na rede.