A aula CeMIT do concello de Burela celebrará 6 cursos de alfabetización dixital no mes de maio

Venres 29 de Abril de 2011

A aula CeMIT do concello de Burela celebrará 6 cursos de alfabetización dixital no mes de maio

Unha charla sobre o DNI Electrónico completará as actividades deste mes

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Burela celebrará 6 cursos e 1 charla durante o mes de maio.

A Aula CeMIT de Burela acollerá 3 cursos de “Alfabetización dixital: Iniciación á Informática”. As diferentes edicións deste curso desenvolveranse en tres quendas. A primeira entre o 2 e o 11 de maio en horario de 11 a 12:30 horas; a segunda entre o 4 e o 23 de maio de luns a xoves de 16 a 17 horas e a terceira desde o 11 ao 30 de maio en horario de 19 a 20 horas.

Con estes 3 cursos preténdese dotar, aos asistentes, das destrezas necesarias para manexar un ordenador dun xeito básico. Os cursos van dirixidos á poboación en xeral.

Entre o 12 e o 19 de maio celebrarase o curso “Alfabetización dixital: Correo electrónico: webmail”, co que se pretende dotar dos coñecementos para crear unha conta de correo electrónico coa que enviar e recibir correos de outras persoas. O horario será  de 11 a 12:30 horas e a actividade está enfocada á poboación en xeral.

Neste mes de maio impartiranse tamén 2 cursos de “Alfabetización dixital: Iniciación a Internet”. As datas e horarios destes 2 cursos serán do 20 ao 27 de maio en horario de 11 a 12:30 horas e  desde o 24 de maio ao 7 de xuño de 16 a 17 horas.

Con estes 2 cursos amosarase, aos usuarios, as nocións básicas da navegación por Internet co programa libre Mozilla Firefox, ámbolos dous cursos van dirixidos á poboación en xeral.

As actividades do Aula CeMIT de Burela en maio complétanse coa “charla: DNI Electrónico”, que terá lugar o 30 de maio ás 11 horas, permitirá aos asistentes coñecer como funciona o DNI Electrónico e todos os trámites que se poden facer con el a través de Internet. Esta charla vai dirixida tamén á totalidade da poboación burelense.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela, na Casa da Xuventude do concello ou enviar un correo electrónico ao enderezo:
cemit.burela@xunta.es

Contacto:
Roberto Caneiro Manteiga
Axente TIC