A Xunta traslada aos investigadores que xa ten un borrador de convocatoria de novas prazas en base ás necesidades plantexadas polas universidades

Xoves 11 de Novembro de 2010

A Xunta traslada aos investigadores que xa ten un borrador de convocatoria de novas prazas en base ás necesidades plantexadas polas universidades

A Consellería de Economía e Industria fai este anuncio despois da reunión que mantivo con este colectivo a finais do mes de outubro, e no que, despois de escoitar as súas inquedanzas, trasladoulles o compromiso do Goberno galego co fornecemento dun sistema de investigación e desenvolvemento no eido científico solvente e eficaz

No proceso de elaboración das novas convocatorias participa a Consellería de Economía e Industria e a de Educación e Ordenación Universitaria, que será o departamento encargado de asumir a convocatoria deste programa, a partir de 2011

A Consellería de Economía e Industria trasladou hoxe ao colectivo de investigadores bolseiros que a Xunta xa ten elaborado un borrador para a convocatoria de novas prazas dos programas de recursos humanos en base ás necesidades que lle teñen manifestado as universidades galegas.

O departamento que dirixe Javier Guerra fai este anuncio despois da reunión que mantivo con este colectivo a finais do mes de outubro, e no que, despois de escoitar as súas inquedanzas, trasladoulles o compromiso do Goberno galego co fornecemento dun sistema de investigación e desenvolvemento no eido científico solvente e eficaz.

A Consellería de Economía e Industria salienta que este proceso se está a desenvolver en plena coordinación coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que será o departamento encargado de asumir o liderado destes programas a partir do 2011, e coas universidades.

O Goberno galego, tal e como xa apuntou o conselleiro Javier Guerra en varias ocasión, atópase fortemente implicado na tarefa de acelerar a transición até un modelo económico baseado na xeración de coñecemento, unha estratexia na que a formación de recursos humanos constitúe un dos activos prioritarios, e mantense unha aposta sen fisuras pola formación de profesionais capaces de involucrarse na creación de valor e mais no fornecemento dun modelo sustentable para a I+D+i galega.