A Secretaría Xeral de Modernización destaca a alta capacitación e a solvencia das empresas galegas de Software Libre

Mércores 17 de Novembro de 2010

A Secretaría Xeral de Modernización destaca a alta capacitación e a solvencia das empresas galegas de Software Libre

A Administración autonómica puxo en marcha un Plan Operativo de fomento do FLOSS en colaboración cos axentes do sector en Galicia

O subdirector xeral de Calidade, Interoperabilide e Seguridade da Secretaría Xeral, Jaime Barros, destacou hoxe que “o tecido TIC galego especializado en software libre ofrece produtos punteiros, e servizos da máis alta calidade e solvencia e fixo fincapé na “alta capacitación coa que contan as empresas software libre galegas demostrada coa presenza internacional de software libre desenvolto en Galicia ou o alto nivel de colaboración dentro do sector”.

Jaime Barros inaugurou esta mañá en Santiago a I Xornada (R) Evousión Cara Modelos de Negocio Baseados en solucións TIC de Código Aberto que organiza a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre en colaboración coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica. O subdirector xeral de Calidade indicou que a decisión de abordar a promoción e fomento das tecnoloxías de software libre e de fontes abertas (FLOSS) pola Xunta de Galicia “non é algo unicamente interno ao Goberno galego, senón que busca a colaboración con todos os axentes implicados no ecosistema galego do FLOSS”.

Plan Operativo
Neste senso, o subdirector xeral lembrou que a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica mantivo reunións con todos os axentes ao longo do 2009 e do 2010, “consensuando con eles unha serie de liñas xerais de actuación, concretadas en actividades ben dimensionadas e coordinadas no seu conxunto. Froito deste traballo definiuse un Plan Operativo “que persegue unha boa coordinación de todos os axentes do software libre galegos”.

O plan contempla 21 accións que desenvolverá a propia Administración autonómica e outras 60 en colaboración coas asociacións de usuarios, empresas de software libre e as tres universidades para promover o uso do FLOSS na Administración, na cidadanía e nas empresas galegas.

(R)Evolusión
A xornada que se celebra hoxe no Pazo de Congresos de Santiago, organizada pola Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) coa colaboración de Modernización e Innovación Tecnolóxica, servirá para situar o contexto do software libre, as súas características como produto e o mercado que existe ao seu arredor.

Baixo o título (R)Evolusion, cara modelos de negocio baseados en solucións TIC de código aberto, profesionais como José María Lancho Rodríguez (avogado e escritor dedicado ao campo do dereito das novas tecnoloxías), Agustín Benito Bethencourt (cordinador de ASOLIF, de Softwar�e Libre), Fernando Vázquez (director General de Imatia e fundador do grupo DASA da Universidade de Vigo) e Javier Vázquez (CCO en eBox Technologies, creador dun Servidor Linux para pemes) debaterán sobre as diferenzas dos ciclos de vida dun produto de software aberto en contraposición cun de software pechado. Tamén se incidirá en casos concretos de empresas baseadas en software libre e cuestións relativas a este novo modelo de negocio.