Máis dun centenar de nenos do Colexio Salesianos de Vigo visitaron hoxe a exposición permanente Galiciadixital vestidos de peregrinos
Na súa visita, os nenos puideron disfrutar dalgúns dos contidos habituais da mostra, como “As cidades do camiño”, visualización de imaxes panorámicas de 360º nunhas pantallas que colgan do teito, ou o tiraboleiro virtual.
Un total de 105 nenos de tres e catro anos do Colexio Salesianos María Auxiliadora de Vigo visitaron hoxe, vestidos de peregrinos, a exposición permanente Galiciadixital, da Secretaría Xeral de Medios, que ten a súa sede no Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago.
Na súa visita, os nenos pudieron desfrutar dalgúns dos contidos habituais da mostra, como “As cidades do camiño”, visualización de imaxes panorámicas de 360º nunhas pantallas que colgan do teito, onde cada un dos usuarios pode realizar paseos virtuais xirando a pantalla coas súas mans por aquelas cidades polas que discorren os diversos camiños de peregrinación a Santiago. Así mesmo, pudieron xogar co canciño “Axóuxere” ou converterse en tiraboleiros do Botafumeiro da Catedral de Santiago por un día, grazas ao tiraboleiro virtual.
A través da exposición permanente Galiciadixital, que leva máis de dez anos na capital galega, a Secretaría Xeral de Medios pretende amosar a galegos e galegas de todas as idades os contidos audiovisuais e multimedia realizados por empresas e universidades da comunidade, valéndose para iso dunha experiencia interactiva diferente á dos museos convencionais, na que os visitantes non son simples espectadores, senón que participan en todo o percorrido.