A Consellería de Sanidade inicia o desenvolvemento dun sistema informático para centralizar os méritos do curriculum vitae dos seus profesioanais

A Consellería de Sanidade inicia o desenvolvemento dun sistema informático para centralizar os méritos do curriculum vitae dos seus profesioanais

A Consellería de Sanidade está a traballar no deseño dun aplicativo informático denominado Expedient-e único do profesional, que permitirá centralizar e unificar os méritos de todas e todos os traballadores do sistema sanitario público galego, a través da xestión e o tratamento eficiente do seu curriculum vitae.

Máis de 160 persoas participaron na primeira cata de viños por multivideoconferencia que se fai en España

Máis de 160 persoas participaron na primeira cata de viños por multivideoconferencia que se fai en España

Máis de 160 persoas participaron hoxe na cata guiada de viños a través de multivideoconferencia que acolleu o Centro Multimedia de Galicia (CMG), en Santiago, e outros sete Telecentros de Comunicación das catro provincias, con motivo da celebración da Feira do Viño de Chantada, que este ano celebra a súa XXVIII edición.

Os centros da rede CeMIT da Xunta ofrecerán formación sobre o uso do DNI electrónico a cidadáns e empresas

Os centros da rede CeMIT da Xunta ofrecerán formación sobre o uso do DNI electrónico a cidadáns e empresas

A Xunta de Galicia, a través da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT), colabora coa Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información na posta en marcha dun plan para o fomento do uso do DNI electrónico entre a cidadanía e os colectivos empresariais de Galicia. Con este obxectivo, desenvolveranse diversas actuacións para difundir as utilidades e vantaxes do DNI electrónico entre os diferentes colectivos.

A rede CeMIT celebrará catro obradoiros na comarca de Lemos durante o mes de marzo

A rede CeMIT celebrará catro obradoiros na comarca de Lemos durante o mes de marzo

A Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, en colaboración co Centro Comarcal Terra de Lemos, celebrará catro obradoiros durante o mes de marzo, dous deles no Concello do Saviñao e outros tantos no municipio da Pobra do Brollón.

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica facilitará aos operadores e axentes implicados os detalles técnicos das actuacións de despregamento de infraestruturas definidas no Plan Banda Larga de Galicia 2010 - 2013

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica dende hoxe pon a disposición dos operadores e axentes implicados no Plan Banda Larga de Galicia, o alcance e requisitos técnicos para cada unha das actuacións de despregamento de infraestruturas de telecomunicación, derivadas do Plan Banda Larga de Galicia 2010 - 2013, de cara ao comezo da súa execución.  
 
A Xunta porá en marcha o primeiro Plan de sistemas de tecnoloxías da información na Xustiza en Galicia para acadar máis axilidade na xestión procesal e achegar os servizos aos cidadáns

A Xunta porá en marcha o primeiro Plan de sistemas de tecnoloxías da información na Xustiza en Galicia para acadar máis axilidade na xestión procesal e achegar os servizos aos cidadáns

A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, destacou hoxe o importante traballo que se está a desenvolver desde o Goberno galego para avanzar na aplicación das TIC na Administración da Xustiza en Galicia. Unha tarefa que comezou o pasado mes de xullo coa implantación do Plan TIC de Medidas Urxentes e que dará paso ao Primeiro Plan de Sistemas e Tecnoloxías da Información na Xustiza da Comunidade.

Fernández Currás salienta o liderado da Xunta co rexistro electrónico de facturas para evitar que as empresas pechen por retrasos no pagamento

Fernández Currás salienta o liderado da Xunta co rexistro electrónico de facturas para evitar que as empresas pechen por retrasos no pagamento

A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, salientou hoxe o liderado da Xunta de Galicia en España no pago aos seus provedores en 45 días grazas á posta en marcha do rexistro electrónico de facturas, “que se está implantando de maneira progresiva e que está funcionando á perfección”.

Galicia atópase entre as comunidades punteiras do Estado no que atinxe á aplicación das TICs no ámbito da sanidade

Galicia atópase entre as comunidades punteiras do Estado no que atinxe á aplicación das TICs no ámbito da sanidade

A conselleira de Sanidade, Pilar Farjas Abadía, destacou hoxe que o papel que xogan as novas tecnoloxías da información e a comunicación (TICs) na atención sanitaria pública, xa que, segundo dixo, facilitan a equidade e universalidade do mesmo.

Máis de 48.000 galegos se incorporan hoxe á TDT tras a apagada analóxica en cinco concellos de Pontevedra

Máis de 48.000 galegos se incorporan hoxe á TDT tras a apagada analóxica en cinco concellos de Pontevedra

Hoxe luns, dentro da planificación de expansión da TDT en Galicia, procederase aos ceses dos emisores analóxicos denominados ‘As Neves’ e ‘Arbo’ o que suporá a incorporación á TDT do concellos pontevedreses de Arbo, As Neves, Salvaterra, Ponteareas e Salceda de Caselas. En total, beneficiaranse 48.176 habitantes destes municipios.

Normalidade na seguda xornada de apagados analóxicos da fase última de incorporación á Televisión Dixital Terrestre

Normalidade na seguda xornada de apagados analóxicos da fase última de incorporación á Televisión Dixital Terrestre

A normalidade foi a nota característica hoxe, na segunda xornada de apagados analóxicos dentro da terceira e última fase de incorporación de Galicia á Televisión Dixital Terrestre. Neste luns procedeuse ao cese de sinal dos emisores analóxicos denominados ‘As Neves’ e ‘Arbo’ o que supuxo a incorporación á TDT do concellos pontevedreses de Arbo, As Neves, Salvaterra, Ponteareas e Salceda de Caselas. Os apagados producíronse sen que, polo momento, se rexistrasen incidencias técnicas salientables.