O vindeiro luns comezará o acendido dixital nas áreas técnicas de Ourense-Leste, Santiago, Meda e Ares

Mércores 13 de Xaneiro de 2010

O vindeiro luns comezará o acendido dixital nas áreas técnicas de Ourense-Leste, Santiago, Meda e Ares

O acendido correspondente ás fases I e II farase de xeito gradual e prolongarase ata o vindeiro 1 de febreiro. Este primeiro proceso beneficiará, fundamentalmente, a concellos das provincias da Coruña e Ourense, aínda que tamén beneficiará a municipios de Lugo e Pontevedra.

O vindeiro luns, 18 de xaneiro, comezará a aplicarse en Galicia o apagón analóxico e o conseguinte acendido dixital das fases I (Ourense- Leste e Santiago) e II (Meda e Ares) que beneficiará, fundamentalmente, a concellos das provincias da Coruña e Ourense, aínda que tamén a algúns municipios das provincias de Lugo e Pontevedra.

Este primeiro proceso de acendido dixital farase, de xeito gradual, desde o vindeiro luns, 18 de xaneiro, ata o 1 de febreiro. Máis adiante, continuarase co acendido das zonas do Páramo e Domaio, correspondentes á fase III, que beneficiará aos concellos de Pontevedra e Lugo, aínda que tamén a algúns municipios das provincias da Coruña e Pontevedra. Deste xeito, o 3 de abril prevese que estea totalmente rematado este proceso de acendido dixital.

No cadro que segue a continuación detállanse as datas de apagamento nas distintas áreas técnicas das fases I e II. Comezarán o día 18 de xaneiro nos centros da Gudiña, Monterrei, Verín, Viana do Bolo (correspondentes á área técnica de Ourense-Leste), Lalín, Lousame, Montouto, Porto do Son, Santiago-San Marcos, Silleda, Teo e Vila de Cruces (correspondentes á área técnica de Santiago), e rematarán o 1 de febreiro nos centros de Catoira, Noia, Santiago-Pedroso, Santiago II, Vedra (correspondentes á área técnica de Santiago), Ares, Arou, Cabanas, Cariño-Ortigueira, Cerdido, Doniños, Ortigueira, Penamoa, Vimianzo, Xaviña (área técnica de Ares), Almorfe, Arnoia, Avión, Chandrexa, Crecente, Leiro, Lobios, Meda, Nogueira de Ramuín, Ourense, Pantón, Pontevedra, Sobradelo e Xunqueira de Espadañedo (pertencentes á área técnica de Meda).

PT
CENTRO
FECHA
Ourense – Leste
A Gudiña
18-01-10
Ourense – Leste
Monterrei
18-01-10
Ourense – Leste
Verín
18-01-10
Ourense – Leste
Viana do Bolo
18-01-10
Ourense – Leste
Viana do Bolo II (privadas)
18-01-10
Santiago
Lalín (Retegal)
18-01-10
Santiago
Lousame (Retegal)
18-01-10
Santiago
Montouto (Retegal)
18-01-10
Santiago
Porto do Son
18-01-10
Santiago
Santiago – San Marcos (Retegal)
18-01-10
Santiago
Silleda (Retegal)
18-01-10
Santiago
Teo (Retegal)
18-01-10
Santiago
Vila de Cruces
18-01-10
Santiago
Cee (Retegal)
19-01-10
Santiago
Corcubión (RGE de Muros - Santiago)
19-01-10
Santiago
Ezaro-Pindo
19-01-10
Santiago
Finisterre
19-01-10
Santiago
Fisterra 2
19-01-10
Santiago
Lariño
19-01-10
Santiago
Muros
19-01-10
Santiago
Muxia
19-01-10
Santiago
Sardiñeiro
19-01-10
Santiago
Arzúa (Retegal)
21-01-10
Santiago
Touro
21-01-10
Santiago
Val do Dubra
21-01-10
Santiago
Catoira
01-02-10
Santiago
Noia
01-02-10
Santiago
Santiago- Pedroso
01-02-10
Santiago
Santiago II
01-02-10
Santiago
Vedra
01-02-10
Ares
Arteixo
20-01-10
Ares
Carballo
20-01-10
Ares
Carral
20-01-10
Ares
Culleredo
20-01-10
Ares
Ponteceso
20-01-10
Ares
Traba-Laxe
20-01-10
Ares
Zas – Castro
20-01-10
Ares
Zas II
20-01-10
Ares
Cedeira
21-01-10
Ares
Esmelle
21-01-10
Ares
Feas
21-01-10
Ares
Mandía
21-01-10
Ares
Muras II
21-01-10
Ares
S. Sadurniño
21-01-10
Ares
San Andrés de Teixido
21-01-10
Ares
Sta. Mariña de Narahio
21-01-10
Ares
Vicedo
21-01-10
Ares
Vilasanche
21-01-10
Ares
Aranga (Retegal)
25-01-10
Ares
As Pontes de G. Rodríguez
25-01-10
Ares
Betanzos
25-01-10
Ares
Oza dos Ríos
25-01-10
Ares
Pontedeume
25-01-10
Ares
Ares
01-02-10
Ares
Arou
01-02-10
Ares
Cabanas
01-02-10
Ares
Cariño – Ortigueira
01-02-10
Ares
Cerdido
01-02-10
Ares
Doniños
01-02-10
Ares
Ortigueira
01-02-10
Ares
Penamoa
01-02-10
Ares
Vimianzo
01-02-10
Ares
Xaviña
01-02-10
Meda
A Bola
26-01-10
Meda
Allariz
26-01-10
Meda
Bande
26-01-10
Meda
Bande II
26-01-10
Meda
Celanova
26-01-10
Meda
Chantada
26-01-10
Meda
Chantada II
26-01-10
Meda
Xinzo
26-01-10
Meda
Carballiño
27-01-10
Meda
Cea
27-01-10
Meda
Irixo
27-01-10
Meda
Maceda
27-01-10
Meda
Maside
27-01-10
Meda
Ribadavia - Cenlle
27-01-10
Meda
Toén
27-01-10
Meda
Escairón
28-01-10
Meda
Monforte
28-01-10
Meda
O Barco
28-01-10
Meda
Almorfe (Retegal)
01-02-10
Meda
Arnoia (Retegal)
01-02-10
Meda
Avión (Retegal)
01-02-10
Meda
Chandrexa (Retegal)
01-02-10
Meda
Crecente
01-02-10
Meda
Leiro (Retegal)
01-02-10
Meda
Lobios (1 y 2)
01-02-10
Meda
Meda
01-02-10
Meda
Nogueira de Ramuín (Retegal)
01-02-10
Meda
Ourense
01-02-10
Meda
Pantón (Retegal)
01-02-10
Meda
Pontedeva (Retegal)
01-02-10
Meda
Sobradelo
01-02-10
Meda
Xunqueira de Espadañedo (Retegal)
01-02-10

 

Esta relación de datas de apagamento nos distintos centros pertencentes ás fases I e II podería sufrir leves modificacións, das que, de ser o caso, se informará debidamente.

Todas aquelas persoas beneficiarias ou interesadas neste proceso de acendido dixital poderán dirixirse á Oficina Técnica da TDT a través do seguinte número de teléfono 981 57 21 54 ou encontrar información detallada na páxina www.tdtgalicia.es.
 

OBSERVACIÓNS: O vindeiro venres día 15 de xaneiro ofrecerase unha rolda de prensa pola mañá para explicar, polo miúdo, todos os aspectos deste proceso de apagado analóxico. Os medios que precisen máis información ou queiran solicitar entrevistas referidas a este tema poderán facelo a través dos seguintes números de teléfono ou correos electrónicos:

981 54 12 38 // 981 54 59 22