Vázquez Abad participa na presentación dunha aplicación de telefonía móbil elaborada por un alumno do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel e o CPI Virxe da Saleta (Cea)

Vázquez Abad participa na presentación dunha aplicación de telefonía móbil elaborada por un alumno do CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel e o CPI Virxe da Saleta (Cea)

 O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou esta mañá na presentación da aplicación de telefonía móbil, ‘Applícate o conto’, elaborada por Nelson Martínez Araújo no marco da realización do módulo de Formación en Centros de Traballo do ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma e Dispositivos Móbiles, titulación que cursou no Centro Integrado de Formación Profesional A Carballeira-Marcos Valcárcel.

Vázquez Abad salienta a importancia dos proxectos innovadores en materia de novas tecnoloxías nos centros de ensino do rural a través de proxectos como ‘Samsung smart school’

Vázquez Abad salienta a importancia dos proxectos innovadores en materia de novas tecnoloxías nos centros de ensino do rural a través de proxectos como ‘Samsung smart school’

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o director de Cidadanía Corporativa e Relacións Institucionais de Samsung, Francisco Hortigüela, visitaron hoxe o CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio, o único centro educativo de Galicia integrado no proxecto ‘Samsung Smart School’ a proposta do departamento educativo da Xunta.

Conde subliña que as TICs desenvolven un papel clave para o futuro industrial de Galicia

Conde subliña que as TICs desenvolven un papel clave para o futuro industrial de Galicia

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe no encontro do Consello Territorial de Galicia de Ametic (Asociación de Empresas de Electrónica, Tecnoloxías da información, Telecomunicacións e contidos dixitais), a importancia estratéxica que terán as TICs no futuro industrial de Galicia, e que queda reflectida tanto na Axenda da Competitividade Industrial de Galicia que está a elaborar o Goberno galego como na Estratexia de Especialización Intelixente (RIS3).

O Centro Demostrador TIC celebra o día 12 un seminario sobre o papel das TIC na identificación e a xestión do talento

O Centro Demostrador TIC celebra o día 12 un seminario sobre o papel das TIC na identificación e a xestión do talento

O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acollerá nas súas instalacións o 12 de novembro o seminario “O papel das TIC na identificación e xestión do talento” (https://cdtic.xunta.es/tic-talento), que se impartirá en horario de 16.00 a 20.00 horas.

A Amtega celebra en Santiago o segundo faladoiro da iniciativa "Faite Dixit@l", que abordará as utilidades da impresión 3D

A Amtega celebra en Santiago o segundo faladoiro da iniciativa "Faite Dixit@l", que abordará as utilidades da impresión 3D

Que é a impresión 3D, en que momento tecnolóxico se atopa, que utilidade práctica ten para a cidadanía, como pode facilitar tarefas en campos como a sanidade, o lecer, a educación ou o fogar son os temas que se abordarán na xornada “Imaxina e crea: impresión 3D”. Trátase do segundo Faladoiro Dixital do proxecto “Faite Dixit@l!’, que organiza a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración con Fundetec. Será o vindeiro xoves 13 de novembro en Santiago de Compostela.

A Biblioteca Pública Miguel González Garcés, en colaboración co Programa de Voluntariado Dixital da Xunta, imparte o día 12 un novo curso do ciclo "Falamos de... a informática fácil"

A Biblioteca Pública Miguel González Garcés, en colaboración co Programa de Voluntariado Dixital da Xunta, imparte o día 12 un novo curso do ciclo "Falamos de... a informática fácil"

A Biblioteca Nodal de A Coruña, Miguel González Garcés, en colaboración co Programa de Voluntariado Dixital da Xunta, celebra o vindeiro 12 de novembro un novo obradoiro do seu Ciclo “Falamos de... a informática fácil” na aula CeMIT situada nas súas instalacións.

Os mozos galegos matriculados na ESO ou Bacharelato teñen ata o 30 de novembro para achegar as súas propostas ao concurso `Curtas co Móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020`

Os mozos galegos matriculados na ESO ou Bacharelato teñen ata o 30 de novembro para achegar as súas propostas ao concurso `Curtas co Móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020`

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) mantén aberto o prazo de inscrición no concurso ‘Curtas co Móbil da Axenda Dixital de Galicia 2020’, dirixido a mozos e mozas matriculadas na ESO ou Bacharelato de Galicia, de entre 14 e 18 anos. O formulario online está dispoñible no blog.adg2020.es/. “Curtas co Móbil” é unha das iniciativas do proceso de elaboración da Axenda Dixital de Galicia 2020, a futura estratexia tecnolóxica global da Xunta.

A Xunta de Galicia comeza a deseñar as prioridades para impulsar a sociedade dixital en Galicia no novo período comunitario 2014-2020

A Xunta de Galicia comeza a deseñar as prioridades para impulsar a sociedade dixital en Galicia no novo período comunitario 2014-2020

Un grupo de traballo da Xunta de Galicia, encabezado pola directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira, e polo director xeral de Planificación e Fondos da Consellería de Facenda, Javier Rodríguez Seijo, analizaron hoxe en Santiago de Compostela as prioridades impulsar a sociedade dixital en Galicia no novo período comunitario 2014-2020.

Un novo seminario organizado polo CDTIC mostrará as vantaxes do Software Libre para a xestión integral das empresas

Un novo seminario organizado polo CDTIC mostrará as vantaxes do Software Libre para a xestión integral das empresas

O Centro Demostrador TIC, que xestiona a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), acollerá o 20 de novembro un seminario de formación que leva por título “Xestión integral de empresas con Software Libre” (https://cdtic.xunta.es/xestion-integral-sfl) e que se impartirá en horario de 16.00 a 20.00 horas.

O primeiro estudo sobre o Hipersector TIC sitúa a Galicia no sexto posto estatal con máis de 3.100 empresas tecnolóxicas e de contidos

O primeiro estudo sobre o Hipersector TIC sitúa a Galicia no sexto posto estatal con máis de 3.100 empresas tecnolóxicas e de contidos

O Hipersector TIC galego concentra un total de 3.159 empresas e dá emprego a 20.601 persoas, o que sitúa a Galicia como a sexta Comunidade en volume de empresas desta área. Son as cifras que sinala o primeiro estudo sobre o Hipersector TIC na Comunidade, elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información en Galicia (Osimga), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).