As aulas CeMIT de Ortigueira, Cerceda, A Fonsagrada, As Pontes e Verín conectarán mañá con Papá Noel a través de videoconferencia
As aulas CeMIT de Ortigueira, Cerceda, A Fonsagrada, As Pontes e Verín conectarán mañá con Papá Noel a través de videoconferencia
Desde o pasado día 11 e ata o 19 de decembro máis de 1.300 alumnos de educación infantil de 28 concellos de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papa Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas.
Mañá, martes 16, serán os escolares de Educación Infantil de Ortigueira, A Fonsagrada, As Pontes e Verín os que recibirán esta visita, a través das aulas CeMIT destes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará a partir das 10 da mañá e ata as 13.00 horas, a razón de media hora en cada aula.