A Xunta comparte a súa experiencia en lexislación sobre a Intelixencia Artificial na Universidad de Castela-A Mancha
charla no Curso de Formación Continua de Especialización en Dereito Administrativo e
Intelixencia Artificial
a supervisión e aprobación dos proxectos con esta tecnoloxía por parte dunha oficina
que analiza os riscos
O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño, compartiu hoxe en Toledo a experiencia da Xunta de Galicia na lexislación sobre intelixencia artificial ante o alumnado do Curso de Formación Continua de Especialización de Dereito Administrativo e IA da Universidade de Castela-A Mancha.
Cerviño destacou o obxectivo da Xunta de situar a Galicia na vangarda no desenvolvemento e uso da IA con proxectos singulares, como a creación dun nodo de colaboración en torno a esta tecnoloxía no ámbito da eurorrexión Galicia Norte de Portugal; a atracción a esta Comunidade da Axencia Estatal de Supervisión da IA; ou a propia elaboración da Lei para o Desenvolvemento e Impulso da IA, que é a primeira deste tipo que se adopta nunha rexión europea.
O director da axencia galega explicou ao alumnado do curso o modelo de goberno da IA regulado pola lei, que implica que calquera proxecto da Administración que utilice esta tecnoloxía debe contar coa supervisión e aprobación por parte dunha Oficina de IA que analiza os riscos e garante o cumprimento da lexislación. Os proxectos máis complexos, ademais, poderán ser sometidos ao análise por parte dunha comisión de asesoramento conformada por expertos.
O curso, no que participan arredor de 100 persoas, está dirixido a persoal empregado público da Xunta de Comunidades de Castela A-Mancha seleccionado pola Escola de Administración Rexional, así como a unha cota procedente de outras administracións e do sector privado.