A Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia dá a coñecer as claves do posicionamento web
A Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia dá a coñecer as claves do posicionamento web
As aulas CeMIT de vinte e catro localidades galegas acollerán a partir do vindeiro luns unha actividade sobre posicionamento web, de 15 horas, na que se analizarán as ferramentas e técnicas máis empregadas para mellorar a posición dunha web. Esta actividade, na que participan duascentas trinta e seis persoas, forma parte do Programa de Dinamización 2012 da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT).