Nace o proxecto 'Igualdadenarede' en Facebook, Tuenti e Twitter

Nace o proxecto 'Igualdadenarede' en Facebook, Tuenti e Twitter

Susana López Abella presentou esta mañá en rolda de prensa o proxecto de comunicación da Secretaría Xeral da Igualdade en redes sociais, que a partires de hoxe está presente en facebook, tuenti e twitter.

Igualdadenarede. Baixo ese slogan, a secretaría xeral adéntrase nas redes sociais, como continuación dunha primeira fase realizada en facebook e tuenti no marco da campaña do día 8 de marzo Sen mulleres non hai Galicia.

O Centro Demostrador TIC acolle mañá un obradoiro sobre aplicacións para smartphones e redes sociais

O Centro Demostrador TIC acolle mañá un obradoiro sobre aplicacións para smartphones e redes sociais

O Centro Demostrador TIC de Galicia acolle mañá xoves o obradoiro sobre “Aplicacións para smartphones e redes sociais, no que se ofrecerá ás pemes do sector tecnolóxico información sobre o negocio das aplicacións para teléfonos intelixentes (smartphones) e para diferentes redes sociais que operan en Internet.

Raquel Arias destaca “o empuxe da Mariña no desenvolvemento das novas tecnoloxías” para mellorar a competitivade do sector empresarial

Raquel Arias destaca “o empuxe da Mariña no desenvolvemento das novas tecnoloxías” para mellorar a competitivade do sector empresarial

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, visitou hoxe o polígono empresarial de Barreiros, onde tivo oportunidade de comprobar o funcionamento das novas aplicacións informáticas, incluído o servizo de xeolocalización a través de teléfonos móbiles, subvencionadas pola Consellería de Economía e Industria.

Este proxecto, proposto polo concello de Barreiros e subvencionado pola Xunta con 13.830 euros, consiste no desenvolvemento dun portal web con compoñente xeográfica e visualización de datos a través de dispositivos móbiles.

O Plan de Software Libre 2012 da Xunta desenvolverá 120 actuacións para impulsar o uso do floss no sector empresarial, na sociedade e na Administración

O Plan de Software Libre 2012 da Xunta desenvolverá 120 actuacións para impulsar o uso do floss no sector empresarial, na sociedade e na Administración

O Plan de Software Libre 2012 da Xunta conta cun investimento de 915.000 euros para o desenvolvemento de 120 actuacións dirixidas a impulsar o uso do software libre e código de fontes abertas (Floss) no sector empresarial, na sociedade en xeral e na Administración. O Plan desenvólvese en colaboración coas asociacións galegas de usuarios de software libre (AGUSL), das empresas do sector (AGASOL), coa Comisión Interuniversitaria de Galicia (que integra as tres universidades) e do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia.

Comeza a actividade sobre televisión por internet da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT)

Comeza a actividade sobre televisión por internet da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT)

As aulas CeMIT de vinte localidades galegas acollerán a partir do vindeiro luns unha actividade sobre televisión en internet, de 15 horas, na que se analizarán as ferramentas e técnicas máis empregadas na distribución de contidos audiovisuais na rede. Esta actividade, na que participan cento cincuenta e seis persoas, forma parte do Programa de Dinamización 2012 da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT).

O simulador de compras do IGC será a base do programa formativo da Rede CeMIT sobre consumo e comercio electrónico para consumidores, comerciantes e profesorado

O simulador de compras do IGC será a base do programa formativo da Rede CeMIT sobre consumo e comercio electrónico para consumidores, comerciantes e profesorado

O simulador de compras do Instituto Galego de Consumo será a ferramenta utilizada este ano nas 98 aulas da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) no marco dun programa formativo sobre consumo e comercio electrónico dirixido de maneira especial a consumidores, comerciantes e profesorado e que se iniciará antes do verán. Así se recolle nun protocolo de colaboración asinado esta mañá entre a presidenta do Instituto Galego de Consumo, Nava Castro, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira.

Mar Pereira: “Debemos construír un futuro dixital en igualdade”

Mar Pereira: “Debemos construír un futuro dixital en igualdade”

A directora da Axencia para Modernización Tecnolóxica, Amtega) de Galicia, Mar Pereira, participou esta mañá no acto organizado polo Colexio de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (COETG) con motivo do Día Internacional das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, que se celebra o 17 de maio e que este ano está dedicado ás “Mulleres e as Nenas nas TIC”.

Arredor do 70% dos habitantes da Terra Chá contan xa con acceso de calidade á internet grazas ao Plan de Banda Larga

Arredor do 70% dos habitantes da Terra Chá contan xa con acceso de calidade á internet grazas ao Plan de Banda Larga

O Plan de Banda Larga de Galicia permitiu que preto do 70% dos habitantes da comarca da Terra Chá conten xa con acceso á internet de calidade, de cando menos 2Mbps de velocidade.

Ese foi un dos datos datos a coñecer no día de hoxe en Vilalba, co gallo da visita ao municipio chairego do Roadshow Movistar Galicia, que está a achegar as vantaxes e utilidades do emprego de internet entre a poboación rural.

Máis da metade dos fogares de Galicia contan con conexión a Internet contratada de Banda Larga, un 11% máis que no ano 2010

Máis da metade dos fogares de Galicia contan con conexión a Internet contratada de Banda Larga, un 11% máis que no ano 2010

Máis da metade dos fogares de Galicia (51,6%) teñen contratada a conexión a Internet mediante banda larga, un 11% máis que no ano 2010, segundo os últimos datos do INE 2011. As principais formas de conexión a Internet a través de banda larga na Comunidade son o ADSL (o 55,6% dos fogares con conexión a Internet) e o cable/fibra óptica (28,4%). Entre as vivendas que dispoñen de acceso a Internet en Galicia, un 18,7% accede mediante conexión móbil de banda larga, o que supón o 5,6% máis que a media estatal.

Declaración institucional da Xunta de Galicia con motivo do día mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información que se celebra o 17 de maio

Declaración institucional da Xunta de Galicia con motivo do día mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información que se celebra o 17 de maio

A adopción xeneralizada de Internet na sociedade xerou cambios de tal magnitude que hoxe experimentamos o mundo como unha comunidade global, onde as persoas se relacionan de xeito instantáneo e calquera información se difunde velozmente e pode provocar cambios e reaccións en calquera lugar do mundo.