A Axencia para a Modernización Tecnolóxica comeza a funcionar cun orzamento de máis de 58 millóns de euros e 17 obxectivos estratéxicos en 2012
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica comeza a funcionar cun orzamento de máis de 58 millóns de euros e 17 obxectivos estratéxicos en 2012
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) entrou hoxe en funcionamento cun plan de acción que abrangue a posta en marcha e a consolidación de 17 proxectos tecnolóxicos para conseguir unha comunidade vertebrada dixitalmente, unha administración eficiente, e a dinamización económica de Galicia co sector TIC como elemento tractor.