Alberto Núñez Feijóo acompañou aos Príncipes de Asturias na inauguración do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía na Coruña

Alberto Núñez Feijóo acompañou aos Príncipes de Asturias na inauguración do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía na Coruña

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañou esta mañá ás SS.AA.RR. os Príncipes de Asturias no acto de inauguración da sede do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) na Coruña e fixeron un percorrido polas instalacións xunto coa secretaria de Estado de Investigación, Desarrollo e Innovación, Carmen Vela, e o director do MUNCYT, Ramón Núñez.

 

A Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia dá a coñecer as claves do posicionamento web

A Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia dá a coñecer as claves do posicionamento web

As aulas CeMIT de vinte e catro localidades galegas acollerán a partir do vindeiro luns unha actividade sobre posicionamento web,  de 15 horas, na que se analizarán as ferramentas e técnicas máis empregadas para mellorar a posición dunha web. Esta actividade, na que participan duascentas trinta e seis persoas, forma parte do Programa de Dinamización 2012 da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT).

O encontro dixital Xuventude Galicia Net pechou hoxe as súas portas coa participación de máis de 8.000 persoas

O encontro dixital Xuventude Galicia Net pechou hoxe as súas portas coa participación de máis de 8.000 persoas

O Encontro Dixital Xuventude Galicia Net que organizou ao longo deste fin de semana en Santiago a Dirección Xeral de Xuventude pechou un ano máis as súas portas cun balance “moi positivo”. Entre o venres e hoxe mesmo pasaron polas instalacións desta iniciativa, no Pazo de Congresos e Exposicións, máis de 7.000 persoas. A esta cifra súmanse os máis de 1.000 mozos e mozas que se inscribiron para participar durante os 3 días na intranet.

Cidadáns e empresas xa poden tramitar de xeito telemático máis de 300 procedementos na a sede electrónica da Xunta

Cidadáns e empresas xa poden tramitar de xeito telemático máis de 300 procedementos na a sede electrónica da Xunta

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, sinalou esta mañá que o Goberno galego vén desenvolvendo un conxunto de medidas a través da Axenda Dixital 2014.gal para avanzar cara unha Administración electrónica capaz de ofrecer a cidadáns e empresas uns servizos eficientes e próximos mediante o emprego das tecnoloxías da información.

Nace o proxecto 'Igualdadenarede' en Facebook, Tuenti e Twitter

Nace o proxecto 'Igualdadenarede' en Facebook, Tuenti e Twitter

Susana López Abella presentou esta mañá en rolda de prensa o proxecto de comunicación da Secretaría Xeral da Igualdade en redes sociais, que a partires de hoxe está presente en facebook, tuenti e twitter.

Igualdadenarede. Baixo ese slogan, a secretaría xeral adéntrase nas redes sociais, como continuación dunha primeira fase realizada en facebook e tuenti no marco da campaña do día 8 de marzo Sen mulleres non hai Galicia.

O Centro Demostrador TIC acolle mañá un obradoiro sobre aplicacións para smartphones e redes sociais

O Centro Demostrador TIC acolle mañá un obradoiro sobre aplicacións para smartphones e redes sociais

O Centro Demostrador TIC de Galicia acolle mañá xoves o obradoiro sobre “Aplicacións para smartphones e redes sociais, no que se ofrecerá ás pemes do sector tecnolóxico información sobre o negocio das aplicacións para teléfonos intelixentes (smartphones) e para diferentes redes sociais que operan en Internet.

Raquel Arias destaca “o empuxe da Mariña no desenvolvemento das novas tecnoloxías” para mellorar a competitivade do sector empresarial

Raquel Arias destaca “o empuxe da Mariña no desenvolvemento das novas tecnoloxías” para mellorar a competitivade do sector empresarial

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, visitou hoxe o polígono empresarial de Barreiros, onde tivo oportunidade de comprobar o funcionamento das novas aplicacións informáticas, incluído o servizo de xeolocalización a través de teléfonos móbiles, subvencionadas pola Consellería de Economía e Industria.

Este proxecto, proposto polo concello de Barreiros e subvencionado pola Xunta con 13.830 euros, consiste no desenvolvemento dun portal web con compoñente xeográfica e visualización de datos a través de dispositivos móbiles.

O Plan de Software Libre 2012 da Xunta desenvolverá 120 actuacións para impulsar o uso do floss no sector empresarial, na sociedade e na Administración

O Plan de Software Libre 2012 da Xunta desenvolverá 120 actuacións para impulsar o uso do floss no sector empresarial, na sociedade e na Administración

O Plan de Software Libre 2012 da Xunta conta cun investimento de 915.000 euros para o desenvolvemento de 120 actuacións dirixidas a impulsar o uso do software libre e código de fontes abertas (Floss) no sector empresarial, na sociedade en xeral e na Administración. O Plan desenvólvese en colaboración coas asociacións galegas de usuarios de software libre (AGUSL), das empresas do sector (AGASOL), coa Comisión Interuniversitaria de Galicia (que integra as tres universidades) e do Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia.

Comeza a actividade sobre televisión por internet da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT)

Comeza a actividade sobre televisión por internet da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT)

As aulas CeMIT de vinte localidades galegas acollerán a partir do vindeiro luns unha actividade sobre televisión en internet, de 15 horas, na que se analizarán as ferramentas e técnicas máis empregadas na distribución de contidos audiovisuais na rede. Esta actividade, na que participan cento cincuenta e seis persoas, forma parte do Programa de Dinamización 2012 da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica de Galicia (CeMIT).

O simulador de compras do IGC será a base do programa formativo da Rede CeMIT sobre consumo e comercio electrónico para consumidores, comerciantes e profesorado

O simulador de compras do IGC será a base do programa formativo da Rede CeMIT sobre consumo e comercio electrónico para consumidores, comerciantes e profesorado

O simulador de compras do Instituto Galego de Consumo será a ferramenta utilizada este ano nas 98 aulas da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) no marco dun programa formativo sobre consumo e comercio electrónico dirixido de maneira especial a consumidores, comerciantes e profesorado e que se iniciará antes do verán. Así se recolle nun protocolo de colaboración asinado esta mañá entre a presidenta do Instituto Galego de Consumo, Nava Castro, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, Mar Pereira.