A Consellería de Cultura e Educación participa na II Xornada de Novas Tecnoloxías 'Educaclic'
A Consellería de Cultura e Educación participa na II Xornada de Novas Tecnoloxías 'Educaclic'
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou hoxe na IIª xornada de novas tecnoloxías ‘Educaclic’, celebrada no Colexio Manuel Peleteiro (Santiago de Compostela). O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira, representou ao departamento educativo da Xunta de Galicia nesta cita, que entronca directamente coa aposta da Consellería pola integración das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) no ensino.