O Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática (CPETIG) organiza unhas xornadas sobre Informática Xudicial en Lugo
O Colexio Profesional de Enxeñería Técnica en Informática (CPETIG) organiza unhas xornadas sobre Informática Xudicial en Lugo
O obxectivo deste seminario é informar e concienciar aos xuristas dos avances en materia probatoria nos casos en que interveña o factor informático no proceso, así como dos importantes beneficios da incorporación e uso das novas tecnoloxías no propio proceso xudicial. Co seminario tratarase ademais de sensibilizar sobre a axuda que poden prestar os peritos informáticos nas causas xudiciais e as claves de valoración da proba informática.