Economía e Industria axuda aos concellos da comarca do Deza a mellorar as zonas comerciais co fin de impulsar o crecemento e a xeración de emprego no pequeno comercio
Economía e Industria axuda aos concellos da comarca do Deza a mellorar as zonas comerciais co fin de impulsar o crecemento e a xeración de emprego no pequeno comercio
A Consellería de Economía e Industria renova o seu compromiso cos concellos da comarca do Deza para a adecuación e modernización dos equipamentos comerciais municipais, dentro das accións contempladas no Plan Ágora- Agora reComercia, cun investimento de 666.157,67 euros para os anos 2011-2012. A Xunta de Galicia fai un importante esforzo para priorizar e axudar aos municipios, nun momento complexo para as administracións locais, co obxectivo de impulsar a mellora das zonas comerciais favorecendo o crecemento e a xeración de emprego nas comarcas galegas.