O colexio ‘Xermade’ celebrará o vindeiro 23 de maio a segunda xuntanza do programa Axenda21 Escolar de Galicia
Os participantes gozarán dunha visita guiada na que coñecerán o traballo ‘A Flora do Litoral’ do colexio Gregorio Sanz de Ribadeo, así como as labores de coidado das árbores que levaron a cabo os alumnos do colexio Virxe do Carme de Burela
Nos obradoiros da Axenda21EG trataranse diferentes temáticas: auga, enerxía, residuos, lectura da paisaxe, mobilidade sostible, técnicas de mediación de conflitos ou dinámicas de sensibilización medioambiental
O pasado ano cerrouse cunha participación de máis de 800 alumnos de 43 centros educativos das catro provincias galegas
O vindeiro luns, 23 de maio, celebrarase a segunda xuntanza do programa ambiental Axenda 21 Escolar de Galicia (A21EG), que promove a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no Colexio de Educación e Infantil de Primaria (CEIP) Xermade. Nesta actividade tamén participarán os alumnos dos colexios Gregorio Sanz de Ribadeo, Virxe do Carme de Burela e o Colexio Público Integrado (CPI) de Castroverde. Este ano o lema das xornadas da Axenda 21 Escolar de Galicia que se están a celebrar durante o mes de maio, é O alumnado é o protagonista. En total, serán 100 alumnos os participantes nesta actividade.
Actividades en Xermade
As actividades de Xermade darán comezo ás 10:00 horas e a primeira actividade programada será unha xincana interactiva no patio. Sobre ás 12:15 dará comezo a exposición das diferentes experiencias en materia medioambiental dos catro colexios participantes. O CEIP Castroverde presentará Sabugueiros, bolboretas e paspallás, o colexio Gregorio Sanz relatará as súas vivencias no Conto de cemiterio de burras, o CEIP Virxe do Carme contará as súas experiencias en Coñecemos e coidamos as árbores do noso colexio, e o colexio CPI Castroverde relatará a súa experiencia nunha exposición que leva por título: Do you want to be green?. Finalmente, o CEIP de Xermade fará unha balance dos seus traballos relativos á Axenda 21.
Posteriormente, celebrarase un xantar onde, ademais, se aproveitará para divulgar os beneficios dunha dieta saudable nos rapaces coa campaña de alimentación saudable Ponlle as pilas ao teu bocata, promovida pola Consellería do Mar. Os obradoiros céntranse en diferentes temáticas, como: a auga, enerxía, residuos, lectura da paisaxe, mobilidade sostible, técnicas de mediación de conflito ou dinámicas de sensibilización medioambiental. Antes dos obradoiros, ao redor das 14:25, farase unha visita guiada polos proxectos dos colexios Gregorio Sanz e Virxe do Carme; A flora do litoral e Coñecemos e coidamos ás árbores do noso colexio, respectivamente. Para rematar, faranse xogos tradicionais ademais dunha visita ao parque da Memoria de Reiboa.
Axenda 21
O programa Axenda 21 Escolar de Galicia é un plan que inclúe unha serie de accións que facilitan unha adecuada implantación e desenvolvemento dos proxectos propostos. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe, desenvolverá un total de 43 proxectos formativos de iniciativa Axenda 21 Escolar de Galicia, ao longo do presente curso 2010/11 nos centros educativos da Comunidade galega.
A Axenda 21 Escolar de Galicia pretende integrarse paulatinamente no programa de centros educativos, fomentando a participación activa e responsables do alumnado e o desenvolvemento curricular das competencias básicas, especialmente as relacionadas coas iniciativas e autonomía persoal e a competencia social e cidadá, abordando temáticas diversas dende a perspectiva da sostibilidade.
A programación que se desenvolverá ao longo do mes de maio é a seguinte:
| Concellos | Data | CEIP anfitrión | Centros Participantes |
| Xermade | 23/5/2011 | CEIP Xermade |
CEIP Xermade CEIP Gregorio Sanz CEIP Virxe do Carme CPI Castroverde |
| Guitiriz | 30/05/2011 | CEIP Lagostelle |
CEIP Lagostelle CEIP Estevo Parga CEIP San Marcos CEIP Présaras |
| O Barco de Valdeorras | 31/05/2011 | CEIP J. Gurriarán |
CEIP Gurriarán CEIP Condesa de Fenosa CEIP Otero Pedraio CEIP Casaio CEIP Venda das Barreiras |
| A Pobra do Caramiñal | 01/06/11 | CEIP Pilar Maestú |
CEIP Pilar Maestú Sierra CEIP Louro CEIP Catoira CEIP Cardeal Quiroga P. |
O obxectivo desta actividade é desenvolver o concepto de sostibilidade no ámbito do ensino formal a través da participación e implicación de todos os membros da comunidade escolar. Nesta nova edición participarán un total de 43 centros de educación primaria e 20 Institutos de Educación Secundaria (IES), que terán unha xuntanza o vindeiro 26 de maio no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Cómpre destacar que o curso pasado 2009/2010 cerrouse cunha participación de máis de 800 alumnos, 275 de educación primaria e 540 de educación secundaria de 43 centros educativos das catro provincias galegas.